off
10N, Galiza, Movementos sociais, Política — 31 Outubro, 2019 at 8:03 a.m.

Suso de Toro: o BNG é o país

by

De cara ao 10N, o BNG  apreséntase como o único que ten voz propia e liberdade plena para defender, sen nengún tipo de submisión nen dependencia, “porque nace e é creada polo propio país”, en palabras do escritor Suso de Toro, que no encontro nacional aberto celebrado o 30 de outubro en Compostela reiterou o seu apoio á candidatura do BNG, “porque quero que o meu país exista e porque se ese é o meu destino, o meu destino vai co meu país”.

Sob o lema Facer valer Galiza con voz propria, após ter sumado o apoio de CxG co obxectivo de garantir que Galiza recupere voz propia no Congreso o 10N, os bloqueiros  apresentan o seu seu rol no Congreso de Deputados como o de quen nonfallou na defensa de Galiza, porque “somos quen sempre defende os intereses do pobo galego”. O BNG vén lanzando  diferentes spots eleitorais alicerzados en “30 ideas claras” que van alén da visión de dependencia que compartillan as forzas políticas estatais e nos que aparecen, a máis de Suso de Toro, o sociólogo e profesor na Universidade de Berkeley,  Ramón Grosfóguel , a escritora e activista Eli Ríos, o dramaturgo, actor e director de teatro Quico Cadaval e o director de cinema Alfonso Zarauza.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off