off
Galiza, Movementos sociais, Política — 29 Outubro, 2019 at 9:11 p.m.

Centos de persoas en apoio ao sindicalista Pintos

by
Suso Pintos. Foto: CIG

Centos de persoas manifestáronse na tarde desta terza-feria polas ruas de Ferrol baixo o lema “Contra a represión. Xustiza por Pintos ” antes do xuízo na Audiencia Provincial contra o ex líder da CIG Xesús Anxo López Pintos polos incidentes aconecidos en outubro de 2012 após unha concentración ante o hotel no que o Partido Popular comezaba a campaña eleitoral. Unha manifestación que foi disolta pola Policía Nacional e na que Pintos foi detido baixo a acusación dun delito de atentado “por enfrontarse ás forza de orden pública”.

O sindicalista cedeirense Suso López Pintos, aposentado e sen nengún cargo no sindicato actualmente, enfrenta pedidos de dous anos de prisón polo ministério público e tres anos pola acusación particular, exercida por un axente da Polícia Nacional.

Pintos ten unha sentenza firme anterior de nove meses de prisión por algunhas brigas nun conflito entre mariñeiros en Mugardos, portanto, se ele fosse condenado às penas solicitadas, teria que entrar en prisión

A manifestación saiu ás oito do serán desde o edificio de servizos administrativos da Xunta de Galicia, percorrendo varias rúas do centro da cidade até a praza da Constitución. Esta manifestación foi convocada polas centrais sindicais, CIG,CTG, UGT, eCC.OO, e apoiados por un bo feixe de comités de empresa e partidos políticos de Ferrolterra.

A cabezalla  da manifestación estaba formada por líderes das centrais convocantes que levaban unha pancarta na que se lía o lema conxunto, así como outra pancarta que incluía un texto “A represión non hai que detén a loita” obreira-Xustiza para Pintos-CIG ”.

Os membros do CIG indicaran que durante os próximos 12, 13 e 14 de novembro, durante o xulgamento, as concentracións están axendadas diante da Audiencia. A central nacionalista denuncia o “ataque descarado contra o sindicalismo e a mobilización social”. “Unha persecución que piorou durante os anos mais difíceis da crise”.

 

No manifesto final, Elvira Souto fixo un retrato do mapa socioeconómico no que os comités de Navantia e Poligal convocaron a mobilización daquela noite do 4 de outubro de 2012, marcado polas políticas de recortes, o incremento das desigualdades, da precariedade e da pobreza laboral, e cunha especial incidencia nunha comarca xa deprimida como a de Ferrolterra.

Souto lembrou que durante o operativo de disolución da protesta, Pintos, responsábel sindical ben coñecido, foi ferido e detido. “Tempo despois desa detención foi axuizado polas lesións alegadas por un policía que participou na actuación desa noite. O compañeiro Pintos foi vítima, non agresor e debe ser absolto na causa que se xulgará na Audiencia Provincial da Coruña”.

 

Concentracións os días 12, 13 e 14 de novembro

Ademais da manifestación deste martes, para os días 12, 13 e 14 de novembro, datas nas que se celebrará o xuízo, están convocadas concentracións diante das dependencias da Audiencia Provincial (no edificio da antiga fábrica de Tabacos da Coruña), entre ás 09:30 e ás 11:00 horas. Para facilitar o traslado haberá autobuses nos que se hai que anotar chamando ao local da CIG de Ferrol.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off