off

A loita do pobo chileno contra unha democracia excluinte

by

Os comites de solidaridade contra a represión piden axuda na denuncia da represión que está a sofrer o pobo chileno. Seica os medios chilenos non estan a informar. Por iso piden que se volva subir a informacion das redes, xa que estan a borrar e a hackear as páxinas web. Piñera dixo que estaban en guerra. Adiantou o estado de sitio as sete da tarde. E por aqui non hai quen de censura-lo. Non se coñece o numero de mortos nen violacións.Valparaiso sofre unha violencia inusitada por parte dos milicos e dos Pacos

 

Cando o actual presidente, Sebastián Piñera, chamou aos militares a sufocar os primeiros actos contrarios ao aumento das pasaxes de transporte, o que se viu explotar foi a acumulación dunha política de memoria viva en simbiose coa indignación contra a precariedade xeral e en concreto dos servizos públicos.

Díxose que era a primeira vez que os militares foron chamados á rúa desde a ditadura.Porén, xa en 2010, durante os saqueos e conflitos sociais derivados do terremoto que afectou o país, o exército foi mobilizado, actuando só na cidade de Concepción. Así, foi a primeira vez en Santiago e esta vez con aparellos de excepción e directamente contra as mobilizacions contra unha democracia excluínte.

O goberno español, tan dilixente para apoiar a Guaidó, acoller a Leopoldo López na embaixada e denunciar os abusos de Maduro, olla para otro lado ante a criminal represion poli-mili en Chile.

 A revolta é un dos resultados da democracia baixo a orde capitalista neoliberal. Non hai violencia excesiva na revolta. Hai resistencia contra innumerables formas de violencia institucional que se acumulan e explotan nas historias de vida dos corpos barricados. Antes de ser violentos, a acción revolta é un bloqueo para a violencia.

View this post on Instagram

 

#ChileDesperto

A post shared by CONTRAINFORMACION CHILE (@contrainfo.chile) on

 

A democracia do neoliberalismo globalizado prometía a participación política, mas ofreceu consellos de autoexplotación e procesos electorais controlados por sistemas partidistas inaccesibles ás loitas diarias. Falou sobre a universalidade dos seres humanos mas apenas creou categorías de corpos e xerarquizou a división da riqueza. Co paso do tempo produciu un alargado abismo entre pobres e ricos. E no medio das ambigüidades de cada territorio, cando se fixo algo no sentido contrario á orde establecida, paxiña  chegaron os golpes, as intervencións e aínda máis a violencia.

Para que a lóxica capitalista prevaleza, non hai outro xeito que militarizar cada vez máis a vida e a política. Vermos a un presidente chileno entregar o seu discurso de última xeración no medio dunha banda de militares, que sempre se refire á historia dunha ditadura máis sanguenta, é a culminación da militarización da política. A produción do inimigo interno, na época de Pinochet asociada aos oposicionistas e ao proxecto socialista arredor de Allende, transfórmase nunha política de seguridade e orden pública.

Solidariedade coa loita do pobo chileno e de todos os pobos que loitan

Para saber mais

Procuren Contrainfo no Instagram

Video silenciado nos mida chilenos

https://spanishrevolution.org/el-video-sobre-chile-que-los-medios-chilenos-silencian-y-las-redes-sociales-/

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off