off
Agro, Galiza, Incendios, Meio ambiente, Movementos sociais — 20 Outubro, 2019 at 12:03 p.m.

A manifestación ‘Por un monte galego con futuro’ percorre as rúas de Compostela

by

A manifestación, convocada por unha vintena de entidades, reclama a defensa do monte veciñal e da súa xestión multifuncional, o freo do monocultivo de eucalipto e a loita por un medio rural vivo.A súa reivindicación ten como principal obxectivo reclamar que a Xunta de Galicia impulse un modelo de monte diferente dos últimos 40 anos, en liña coas recomendacións da FAO e da Unión Europea para camiñar cara unha tenencia máis xusta destas terras e cara á compensación ás colectividades locais polos impactos.

Fonte:Adega


A plataforma nega a propaganda institucional da Xunta de Galicia sobre o Plan de Prevención e Defensa dos Incendios Forestais (Pladiga), que considera exclusivamente un plan para a extinción dos recursos naturais e do bosque galego, deseñado para” beneficiar o negocio creado arredor do lume.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off