off
Cedeira, Natureza — 16 Outubro, 2019 at 12:47 p.m.

Representantes de Ferrolterra e Ortegal participan na V Xornada Aberta do Foro de Xeoparques

by

 

Representantes dos concellos de  Cariño, Cerdido, San Sadurniño, Ortigueira, Moeche e Cedeira participaron  na V Xornada Aberta do Foro de Xeoparques celebrada o 15 de outubro na cidade castellana de Burgos. Segundo o alcalde de Cedeira Moreda Gil, que estivo acompañado pola concelleira de Turismo, Carmela Prieto Cal, destacou a importancia de participar nun encontro destas características, “por canto representa un
recoñecemento implícito, tanto por parte dos outros xeoparques como da propia Unesco, da relevancia que está a adquirir o proxecto do Ortegal”. “É un paso adiante para que o Xeoparque do Cabo Ortegal sexa unha realidade”, afirmou en comunicado de imprensa.

Segundo declarou o alcalde de Cedeira “a participación nesta serie de encontros axuda a coñecer o traballo que se desenvolve en xeoparques xa consolidados, así como as diferentes formas de xestión e de financiamento”. Alén diso, apuntou que a creación do Xeoparque do Cabo Ortegal ten que motivar tanto a participación e colaboración da veciñanza como das entidades e mesmo do tecido empresarial para garantir o futuro da comarca en base ao desenvolvemento sustentable do seu territorio”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off