off

A Plataforma Galiza con Catalunya convoca concentracións para hoxe ás 20h

by

A Plataforma Galiza con Catalunya,  constituída por diversas organizacións sociais, sindicais, culturais e políticas galegas que recoñecen o dereito de autodeterminación dos pobos fai  un chamamento a mobilizarse hoxe luns 14 de outubro ás 20h contra a violencia exercida polo Estado.

 

BNG e Anova rexeitan unha sentenza sintomática da “involución democrática” do Estado español

Pola sua banda, o Bloque Nacionalista Galego vén de manifestar  “diante da decisión do Tribunal Supremo feita pública no día de hoxe, de condenar representantes políticos e sociais de Catalunya pola súa participación na organización do referendo do 1 de outubro de 2017” o seu “absoluto rexeitamento a unha sentenza, froito dun xuízo político, que consideramos inxusta e desproporcionada, a  solidariedade con Oriol Junqueras, Jordi Turull, Joaquim Forn, Raül Romeva, Dolors Bassa, Carme Forcadell, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, coas súas familias, amizades e coas organizacións políticas e sociais que representan”

 

A formación  da esquerda nacional galega acrescenta que “non debemos esquecer que esta situación vén derivada da posición antidemocrática, privada da máis mínima lexitimidade neste aspecto, da forma con que se actuou contra o novo Estatut baleirándoo do seu contido, após ser aprobado polo Parlament de Catalunya, polas Cortes Xerais e polo pobo catalán en referendo”. Neste sentido, “esta sentenza é a enésima demostración do proceso de profunda involución democrática que estamos a vivir e que non só afecta a negativa do Estado español a recoñecer o carácter nacional de Cataluña, Euskal Herria e Galiza e o seu lexítimo dereito á autodeterminación, senón que vai nunha clara dirección de retroceso, recentralización e perda de dereitos e liberdades básicas como a liberdade de expresión, reunión, manifestación, conciencia ou de participación política. Infelizmente, a ameaza da aplicación de novo do artigo 155 da CE para intervir o goberno de Catalunya, a posibilidade dunha reforma electoral para limitar a participación política das organizacións nacionalistas ou -directamente- a súa ilegalización, están hoxe enriba da mesa”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off