Alomenos 200 persoas concentraran ás portas das Reitoría da UDC na Coruña para protestar pola visita de Filipe VI na inauguración do curso académico, convocados por Vía Galega. O recibimento republicano foi acompañado de ampla implantación policial e de medios informativos para dar cobertura ao rei español. Co lema “Galiza non ten Rei, avante a República Galega”, esta plataforma expresou que a monarquía fai parte dun sistema inxusto, onde prevalecen os privilexios e a herdanza do franquismo, que fomenta o centralismo e a dependencia de Galiza, ademais de limitar os dereitos para o ensino público galego.

Vía Galega é unha plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, creada en 2018 a partir da xuntanza de máis de 40 entidades de diferentes tipos e eidos: do sindical ao cultural, do ambientalista ao educativo, dos centros sociais ao campo estudantil, pasando polo internacionalismo, a música popular, a memoria histórica, etc.










