off
Arte, Cedeira, Pintura — 27 Agosto, 2019 at 8:15 a.m.

Néstor López gaña o Pintura Rápida Vila de Cedeira

by

Na quinta edición do concurso de Pintura Rápida Vila de Cedeira  participaron 20 artistas . O asturiano Néstor López Casas, de Xixón, gañou cunha obra na que se recolle un treito do peirao cedeirense. O segundo premio foi para o basco Carlos Espiga (Bilbao) que optou por reproducir  embarcacións no porto perqueiro-, entanto que o tamén asturiano Benigno Rodríguez Sánchez (Xixón) acadou o terceiro
cunha paisaxe da ría.
A concelleira de Cultura Ermitas García Ríos entregou os premios, no que destacou o elevado nivel das obras presentadas e o éxito dunha convocatoria que chegou este ano a súa quinta edición. O xurado estivo integrado polos pintores Adrián Taracido e Jane Danko e pola propia concelleira de Cultura.
O Concello repartiu entre os premiados un total de 1.800 euros, de maneira que o primeiro recibiu 800; o segundo 600 e o terceiro 400, ademais dos correspondentes diplomas.

Andrés Gabarres Cagiao foi o gañador da anterior edición dun certame aberto á participación de afeccionados e profesionais da pintura co alvo de mostrar a vila e terra de Cedeira. As obras premiadas pasan a ser propiedade do Concello.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off