O sistema xudicial español recibiu a primeira querela colectiva contra o policía franquista Antonio González Pacheco, máis coñecido como Billy el Niño. Segundo El Diario.es, cinco vítimas da represión durante o franquismo acusaron a Billy el Niño e sete policias franquistas máis de crimes de tortura nun contexto de crimes contra a humanidade.
Un total de 34 querelas xa foroan presentadas contra BBilly el Niño, mas esta é o primeiroa que se realizou colectivamente e foi entregada aos Xulgados de Instrución de Madrid na Praza de Castilla. Por agora non hai queixa contra o torturador que prosperou e Billy el Niño continúa sen punición.
Precisamente, a fórmula da querela colectiva, segundo lembra El Diario.es, procura evitar a blocaxe ofrecida polos xulgados españois demostrando que son “crimes contra a humanidade”. O resto das queixas presentadas até o momento foron arquivadas por prescrición dos delitos ou non foron aceptadas para a súa tramitación.
Catro destes últimos denunciantes estaban activos na Liga Comunista Revolucionaria (LCR) e unha parte do Fronte Patriótica e Antifascista Revolucionaria (FRAP); todos eles foron a prisións da Brigada Político-Social (BPS) en outubro de 76.
Billy El Niño é coñecido por ser o rostro máis popular do BPS polas torturas que inflixiu e por apañar premios pola represión dos movementos antifranquistas. O propio Diario.es revelou que o torturador cobrou 6.000 pesetas para deter aos comunistas e 2.000 para “estudantes revoltosos”.