Galiza fica sen representación de partidos próprios en Madrid.
Vota o 73,8% do censo de Galiza, 15 puntos máis que en 2016. O BNG dobra os votos de 2016 sen obter escanos e Pontón celebra o “avance”, En Marea acada pouco máis do 1% dos apoios e o Partido Popular perde por primeira vez a condición de forza política máis votada. Galiza, porén, fica sen representación própria en Madrid.

Circunscricións: na Coruña votou o 73,3% do censo( 59,87% en 2016); Lugo, o 72,6% (56,31% en 2016); Ourense, o 73,6% (51,74% en 2016) e pola de Pontevedra o 74,9% do censo fronte ao 61,22% das anteriores.
Cidades: en Compostela votaron máis persoas e onde se dá unha maior diferenza a respecto de 2016, o 76,9% do censo (en 2016 a porcentaxe fora do 71,81%); a continuación, Vigo, co 76,3% (71,59% en 2016), Pontevedra, co 76% (71,92% en 2016); A Coruña, co 75,8% (71,56%) e Lugo, co 74% (68,38% en 2016). Ourense, co 74,2% (68,90% en 2016) e Ferrol, co 71,48% (o 68,19% en 2016) foron as urbes galegas onde menos se acudiu ás urnas.










