off
América, Economía, Globalização, Politica internacional — 29 Xaneiro, 2019 at 11:07 a.m.

Washington usa o petróleo contra Maduro

by

John Bolton, asesor de seguranza dos EUA, anunciou esta segunda feira que Washington manexa a previsión de enviar 5.000 soldados a Colombia. Concentracións en Vigo e Compostela contra o golpe de estado en Venezuela


EUA impón sancións á estatal venezuelana para  que transfira o control a Guaidó. A Venezuela continua cunha dupla presidencia que toma decisións en paralelo. Por un lado, o goberno de Nicolás Maduro aprobou un novo sistema de divisas. Por outro lado, o autoproclamado presidente Juan Guaidó iniciou o proceso de dar novas diretrices à estatal petrolífera PDVSA e sua subsidiária Citgo, que opera nos EUA. Mas o efeito veu de Washington, cando o govberno dos EUA anunciou sancións contra a PDVSA: “Con efeito imediato, en calquer compra de petróleo venezuelano, o diñeiro terá de ir a contas bloqueadas”, afirmaran.

É unha estratéxia para sufocar económicamente a revolución bolivariana  controlando a indústria de petróleo do estado. Guaidó tamén ordenou a “transferencia” das contas do país para o exterior “para evitar saques” polo  goberno de Maduro.

O secretário do Tesouro dos EUA, Steven Mnuchin, acrescentou que “o camiño para a suspensión das sancións é através da rápida transferencia de control para o presidente en exercício ou un goberno democraticamente eleito mais tarde”.

Encanto iso, onte, várias ONGs, como o Observatório de Conflito Social da Venezuela, relataran que até 35 persoas foran mortas e 850 foran detidas nos confrontos que ocorreran nas ruas entre manifestantes anti-chavistas e axentes da lei. As manifestacións exixen a proclamación de Guaidó, con forte apoio internacional.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off