José André Lôpez Gonçâlez (Guitiriz, 1955) foi o primeiro investigador do coloso do Courel e responsábel de que para o s.XXI, en moitas vilas e cidades galegas, o Apalpador ou Pandigueiro se teña reintroducido de xeito natural (facíase cadrar co solsticio de inverno) como rito de noso que chega da montaña galega. Cando o mundo rural devala, esvaece e mesmo se nega na construcción da “urbanidade”, a recuperación do Apalpador vén pode significa un proceso de distinción xerador de memoria oral e de coñecimento da nosa identidade colectiva.
O carboeiro do Courel perviviu nas cantigas que Lôpez Gonçàlez resgatou no artigo ” O Apalpador: personagem mítico do Natal galego a resgate” e publicado no Portal Galego da Lingua en 2006. A boa recepción deste personaxe deriva de ser unha figura arquetípica cuxa encomenda non é outra ca de procurar o benestar e fartura das crianzas. Desde a súa moradia nas devesas carboeiras, o xigante con boina, roupa esfarrapada e cachimbo en boca, ven nas noites de 24 ou 31 de decembro a apalpar a barriga das crianzas para ver se comeran ben durante o ano, deixandolles un presente de castañas.
Manhã é dia de cachela,que haverá gram nevaradae há vir o Apalpador cumamega de castanhas.
Por iso é representado como fornecedor de alimento (castañas) e calor (carboeiro). Atributos apotropáicos (quer dicer, que afasta calamidades) e que no sustrato preindoeuropeu tamén é representado como ritual sacrificial de animais para manter a esperanza dunha boa colleita que asegure alimento e mantenta. Non é por acaso que o Apalpador se mantiver vivo nas cantigas de Nadal do Courel, xa que o apotropismo ten o alvo de afastar un perigo ou evitar un mal, só polo poder da palabra.
