off
Europa, Feminismo, Movementos sociais, Mundo — 10 Decembro, 2018 at 1:38 p.m.

Amnistia Internacional recoñece as loitas feministas como vangarda da defensa dos dereitos humanos no mundo

by

Galiza carece de centros de atención especializados para vítimas de violencia sexual


Mobilización feminista en Galiza

No 70º aniversário da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a ONG quixo tornar visíbel no relatório Dereitos Hoxe que as mulleres son vangarda da defensa dos dereitos humanos en todo o mundo: desde o o movimento inédito “Ni una menos” na América Latina até os protestos en masa contra a violencia sexual na Índia ou na África do Sul, ou o desafio à proibición de conducir  na Arábia Saudita, protestos contra o uso obrigatório do hijab no Irán.

O documento dos Dereitos, que analisa a situación dos dereitos humanos en sete rexiónss do planeta, inclue tamén  as manifestacións na Arxentina, Irlanda e Polonia pelo dereito ao aborto, ben como o movimento #MeToo contra os abusos no eido cotiá , que atinxiu a Europa, os Estados Unidos e o Xapón.

O relatório destaca o conxunto de políticas e leis sobre dereitos sexuais e reprodutivos que impón contratempos, como a abolición das leis sobre o aborto na Polonia e na Guatemala, ou a redución de fundos para o planexamento familiar nos Estados Unidos.

No ano da Manada
En España, a Amnistia destacou a onda de indignació e protestos en masa que desencadeara a sentenza da Manada  e o aumento de 30% en ataques desde 2012, e adverte que os dados oficiais “non revela a magnitude certa do problema da violencia sexual, que ainda é invisíbel para a España “. Conforme documentado nun relatório recente, a ONG  denuncia a ausencia de protocolos claros para a accióno e a falta de formación específica da polícia, persoal médico, forense e xudicial, que enfrontan as vítimas de violencia sexual  a un ” labirinto de desprotección e desinformación “. Iso fai que “os estereótipos e preconceitos que poñan en causa o testemuño de víctimas minimizando a gravidade das violacións sofridas, mesmo as fan responsabeis e acaban causando mais vulnerabilidade nas mulleres e  os procesos xudiciais traumáticos para as vítimas.”

A falta de iniciativas públicas, campañas e accións preventivas, así como servizos especializados para o coidado e recuperación das vítimas, ou a especialización dos axentes implicados en todo o proceso de atención ás vítimas de violencia sexual son outros obstáculos para os que se enfrontan.

“Millares de mulleres en España tomaran as ruas este ano para dicer  abonda, cansadas  de veren as víctimas de violencia sexual cuestionadas e culpabilizadas. Non podemos continuar a permitir que o Estado continue non protexendoas e deixandoas indefesas”. Nese sentido, a organización afirma que receber atención adecuada pode ser unha loteria de acordo co local de residencia das vítimas. En particular, a ONG denuncia a falta de “centros de crise”, áreas especializadas multidisciplinares con persoal en que as mulleres vítimas de violencia sexual podan ser atendidas 24 horas por dia, conforme estabelecido polo Consello da Europa.Ningunha das comunidades autónomas ten “centros de crise” (Rape Crisis Center), dispoñible 24 horas ao día, 7 días por semana, 365  días do ano. E nove, entre elas Galiza, xunto a Aragón, Baleares, Canarias, Estremadura, Euskadi, A Rioxa, Murcia e Navarra, así como Ceuta e Melilla, carecen de centros de atención especializados para vítimas de violencia sexual.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off