O fotoxornalista Jordi Borràs foi asaltado en Barcelona sen motivo aparente por un home que se identificou como policía nacional. Como o xornal dixital Elmon.cat avanza, no que traballa Borràs, os feitos foron na rúa Capellans Barcelona por volta das oito horas, após o fotógrafo cobrir a apresentación da“Crida Nacional per la República”.
Como explicou a TV3, identificouno un home e asoballouno gritando ‘Viva España’ e ‘Viva Franco’,batendo nel causándolle a rotura do nariz e feridas na cara.
Un viciño que tiña visto os feitos tentou impedir o agresor, que foi identificado como policia ao ensinar unha placa. Os Mossos agora tentan encontrar o agresor, a partir das fotografias e vídeos das testemuñas dos feitos.
Borràs é especializado no mundo da ultradereita na Cataluña e xa foi ameazado de morte em numerosas ocasións desde 2013. Por exemplo, Pedro Chaparro, líder do ultra popular Partido Nacional da Democracia, chamouno “rato” e convidou os manifestantes en 12 de outubro para darlhe “un murro, mas non moito violento, para que a policia non te prenda”. “Metédelles unha hostia e que lisque”, dixo Chaparro pouco depois, que foi un dos presos polo ataque ao centro cultural de Blanquerna, en Madrid, durante o dia de 2013. Chaparro foi condenado a un ano na prisión por promover ódio contra Borràs.
Várias figuras políticas manifestaran solidariedade con Borràs, como o presidente da Generalitat, Quim Torra; o do Parlamento, Roger Torrent; o ex-presidente Carles Puigdemont; ou a rexidora de Barcelona, Ada Colau.
Caro @jordiborras, todo apoio e solidariedade. Exiximos que todas as responsabilidades sexan investigadas. Abrazos e avante, Jordi, avante sempre! https://t.co/7E3Xs82whA










