off
Banda deseñada, Galiza — 9 Xullo, 2018 at 8:12 a.m.

Viñetas desde o Atlántico mais galegas ca nunca

by
O festival de banda deseñada de referencia desenvolverase entre o 6 e 12 de agosto na Coruña coa presenza de creadores que encetaran a súa carreira en paralelo, tal e como lembrou o seu director Miguelanxo Prado. Un cartaz de José Luis Munuera, tamén convidado ao evento, presenta un programa no que varios nomes galegos con destaque internacional, como son os casos de David Rubín, Tirso Cons ou Emma Ríos. Canda a ela, tamén nomes de Belén Ortega, Mamen Moreu e Cristina Durán.

O ilustrador José Ramón Sánchez, Ángel de la Calle, Homs e os creadores galegos Xosé Tomás e Bea Lema, gañadora da última edición do Premio Castelao de Banda Deseñada, completan a listaxe de convidados que contarán con cadansúa exposición. Canda a estes, desenvolveranse como é habitual presentacións, actividades e a Feira da Historieta nos Xardíns de Méndez Núñez con presenza e editoriais e librarías. Co Kiosco Afonso e Palexco como eixe, as actividades desenvolveranse tamén na sede do Concello, na casa da cultura Salvador de Madariaga, onde se poderá ver unha mostra sobre a BD independente galega, ou na Torre de Hércules, que acollerá unha exposición dos carteis de todas as edicións do evento.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off