off
Economía, Política, Politica espanhola — 10 Xaneiro, 2018 at 11:55 a.m.

“Non é unha pillaxe. É o mercado, meu amigo “, afirma Rodrigo Rato

by

Rato culpa a todos da crise menos a si mesmo, indigna o Congreso e  revela que “un ex alto cargo do PP” o avisou que querían aprisionalo. Segundo o xornalista Ernesto Ekaizer, foi Aznar


Coa superioridade e condescendencia de que ten estado no mundo económico, Rodrigo Rato foi onte no Congreso para explicar seu papel na crise financeira que a España padece nos últimos anos, espallou a culpa e evitou as responsabilidades de calquer acusación. O clímax  acadouno cunha afirmación que deixou pasmados aos participantes: “É unha pillaxe? Non. É o mercado, meu amigo”. Que polo tono co que llo spetoutou a Toni Roldán, porta-voz do neoliberal Cidadáns no comité que pescuda a crise financeira na cámara baixa española, depois de colocar na mesa os millares de millóns perdidos polos accionistas de bancos e diñeiro público como resultado da crise e o resgate posterior, mais ben semellaba un “estúpido” ca un”amigo”. Mas neste contextoo, dirixíndose ao diletante neoliberal, podémolas dar por sinónimas. “É o mercádo estúpido, nin que naceras onte”. Grande é a distancia que afasta a dignidade da soberba. O inocente Rato a impartir palestras de economía implacabel en canto o barco vai a pique.

O ex-vice-presidente económico de José María Aznar, ex-diretor xeral do Fundo Monetário Internacional e ex-presidente da Bankia, leu un discurso no cal defendeu seu traballo nas diferentes posicións que ocupou. E ninguén foi salvo de seus dardos: do PP ao PSOE, através do Banco de España, o FROB e seus sucesores na xestión de Bankia. O que máis recebeu foi o ministro da Economia, Luis de Guindos, que criticou por ter debutado na Moncloa pedindo 60 mil millóns adicionais para o setor bancário. “As accións dos bancos caíran imediatamente”, afirmou.

Condenado polo Tribunal Nacional de cartóns black e investigado pola saída ao mercado de accións do Bankia, Rato tamén mereceu as críticas ao PP, que, pola boca de seu porta-voz, ficou “envergoñado por sua atitude”. En resposta, Rato informou que fontes diferentes o informaran a inicios de 2015 que o goberno españool queria aprisionar, sob o pretexto de seu negócio en paraísos fiscais e un relatório da Agência Tributária que alertaba da súa irregularidade fiscal. “En 15 de abril [o dia antes do seu encarceramento], o Ministro da Xustiza explicou os  meus dados tributários na televisión. Como as coñece? “, perguntou Rato. “Arrepinte? Tamén eu me arrepinto despois de 30 anos no PP, ” lamentou o exministro dirixíndose aos populares.

Grande parte do debate cos grupos parlamentares xirou en torno do resgate do Bankia e da bolsa de valores do banco en 2011, que agora está sendo xulgado porque moitos compraran accións do banco depois que a entidade publicara informacións falsas , conforme confirmado polo Supremo Tribunal. Cuestionado repetidamente pola inxeción de 23 mil millóns  públicos recebidos por Bankia, Rato reiterou que a grande maioria dese resgate non é sua responsabilidade, mas de José Ignacio Goirigolzarri, seu sucesor. “Pedin 4,600 millóns que o FROB me deu”, afirmou. Os novos gobernantes de Bankia pediran os 19 mil millóns [restantes]. Vostedes [os deputados] son responsábeis “. O resgate foi realizado “por unh decisión política” e baseado nunha reformulación das contas que, subliñou Rato, “todos concordan que é ilegal”. Mais, quen merca ética no mercado?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off