Os comuns non gostan do xogo da galiña (aquel xogo no que os xogadores posuen duas opcións: desistir ou non desistir). Porque desistir significar que algunha vez disputaran. Certo é que por veces parecen disputar, mas sempre acaban desviando do camiño. Como en 2015, os “comuns” parecen encamiñarse face o 21-D para non seren contabilizados nen entre os do sí nen entre os do non. Porén, o que non desiste, segue en frente. Acontece que os soberanistas do sí teñen xente na prisión e a Generalitat ten sido intervida polo 155 (que seica após un mes e en plena precampaña eleitorial os aliados das Mareas e dos comúns levaran a un TC desacreditado por un Estado con déficit democrático ao ser incapaz de renovar a forma de expresión do principio de lexitimidade democrática que se substancializa na reforma política da constitución).
Acreditan Podemos, “els comuns” e as Mareas que a súa España tén cabimento dentro da actual? Con certeza acreditan estaren incluidos nela en canto manifestan certa sensibilidade progalega, probasca e procatalá? Achan que os deixarian gobernar sen lle meter medo á xente? E as Mareas, acreditan na posibilidade de facer unha política social digna en Galiza se o esforzo fiscal está teledirixido por Montoro e a baronia (+ PSOE) desde Madrid? É acaído traballar pola república soerguendo a monarquía? Son posibeis os pormenores cando a España real é a do beixa-mao e as prohibicións, as prisións preventivas, a censura e os acatamentos do 155 para ficar de xoellos. Como no xogo da galiña, desviarse do camiño non é opción cando as suas ideas serán as seguintes a seren perseguidas.










