off

Madrid vai demitir todos os membros do goberno catalán

by

Coa intervención do Parlament poderán vetar leis. Asembleas de ERC propoñen un Govern de concentración para defrontar o 155. Puigdemont resposta á suspensión da autonomia asistindo á manifestación convocada esta tarde en Barcelona en apoio aos presos políticos Jordi Cuixart e Jordi Sánchez.


O goberno español afirma que Puigdemont dá validez ao 1-O mas non fala en ningún momento de DUI. Mariano Rajoy anunciou que a Generalitat manterá as suas funcións de administración ordinária previstas no estatuto de autonomia da Cataluña. Serán no entanto, dirixentes diferentes e irán actuar debaixo das directrices dos ministérios do executivo español, que deberán pasar a tutelar o goberno autónomo. Da mesma forma, e asi que tiver aval do Senado (onde o pacote de medidas hoxe adoptadas será votado na próxima sexta-feira), Madrid vai demitir o presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, o seu vice-presidente e todos os conselleiros que integran o goberno autónomo. Tamén prevé convocar eleicións autónomas antecipadas no prazo de seis meses – ainda que, afirmou, a sua intención sexa realizalas “asi que se comprobe un regreso à normalidade” que segundo España substánciase na suspensión da autonomia que inclue tamén  coa intervención do Parlament a posibilidade de vetar leis. De convocar eleicións modificaríase o Estatut por decreto xa que o artigo 155 non permite convocar eleicións. A Fiscalía reactiva a querela contra Puigdemont por rebelión.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off