off
Galiza, Incendios — 16 Outubro, 2017 at 7:05 a.m.

Chuvias e descenso das temperaturas

by

Cando ainda se manteñen 105 incendios en todo o país, 67 aínda activos, MeteoGalicia informa da chegada dunha fronte fría durante o luns, deixando unha xornada marcada polas chuvias e o descenso das temperaturas. O ceos estarán anuviados, con chuvias de carácer feble que afectarán principalmente á metade oeste e que pola noite serán máis intensas e xeneralizadas. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas que en moitas localidades acadarán 10ºC por baixo dos valores do domingo. O vento soprará frouxo de compoñente sur nas primeiras horas e de dirección variable o resto do día, agás nas zonas altas de Lugo e Ourense onde se manterá moderado, mesmo con refachos fortes á noite.

Para a terza-feita o país ficará baixo influencia das baixas presións, con réxime de ventos húmidos do suroeste. Así, durante a mañá os ceos permanecerán parcialmente cubertos, con chuvias na metade leste da Comunidade. Co avance da tarde unha nova fronte achegarase polo oeste, deixando ceos cubertos e chuvias que comezarán polo litoral e se irán estendendo cara ao interior cara á noite. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará moderado do sudoeste, con refachos fortes nas Rías Baixas durante a tarde.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off