Malia a atención mediática internacional sobre Cataluña, as consecuencias da violencia internacional, a hostilidade verbal de Filipe VI e La Moncloa mantendo a policia en Barcelona, os chamados á mediación, a UE enrocada e as declaracións e discursos sobre o conflito, as televisións españolas non emitiron o discurso de Puigdemont, agás La Sexta.
Nun momento de crise como o que está viver Cataluña e o estado español, só La Sexta emiteu a comparecencia de Carles Puigdemont, presidente da Generalitat. Xusto cando se emitía a mensaxe oficila de Puigdemont, o Telediario de La 1, prescindía do discurso e preferían centrarse nas pedas do Íbex por culpa seica das vaidades independentistas, que contrasteaban coa subida da bolsa experimentada por Oryzon desde que anunciou que deslocaría a Madrid. Ao final, apañaron un minutiño exacto do discurso solapado pola voz do xornalista. O Telediario entón apontou as catástrofes sociais, de convivencia e educacionais que estabam ocorrendo nunha Catauña presa do caos. A fume morto pasaron ininterrupta e íntegra a resposta de Soraya Sáenz de Santamaría a Puigdemont. Unha resposta a unha mensaxe previa que non deixaran escoitar.
A televisión ten o poder que tornar en global o que enmarca. No contexto actual que as televisións públicas e privadas españolas neguen a realidade catalá é preocupante. A falta de recoñecemento chega ao punto de ollar para o outro lado. En España pódese falar de todo en ausencia de violencia ? Carles Puigdemont foi entrevistado na BBC.











