A Garda Civil entraba esta sexta-feira noutra empresa para rexistrala na procura de urnas ou material para o referendo, estudantes Desta volta, foi en Innovapack, no polígono industrial de Òdena. Enric Millo, delegado do goberno español en Cataluña, advirteu nunha carta aos directores de instituto de responsabilidades penais se abren o 1-O
O asalto ás institucións cataláns está a ser a pinga que reborda a vasilla. Noutra xornada de mobilización continuada centos de persoas permanecen concentradas reclamando a liberdade dos detidos diante da Cidade da Xustiza de Barcelona.
Esta sexta feira centos de persoas concentrábanse diante da sede da Generalitat en Girona acompañados de estudantes universitarios da Universitat de Girona que acabaron por inzar rúas e prazas e veñen de entrar no reitorado após o Consell d’estudiants lera un manifesto que o representante da Generalitat agradeceu. Os funcionarios leron un manifesto de apoio e pediran que pravalezan “os valoers cívicos, éticos e democráticos”. Tamén a univesidade Fabrice Lorente de Perpignan emiteu un comunicado a través do seu reitor onde denuncia “os mètodos empregados contra as liberdades fundamentais”.












