Mentres unha manifestación de sindicatos chega á praza Sant Jaume berrando “la repressió no és la solució” e cantando Els Segadors. Unió de Pagesos, canda outras organizacións agrarias, denuncia o asalto ás institucións catalanas por parte do Estado español e a violación dos dereitos civís en Cataluña
A formación informa que hai militantes adentro. Axentes encarrapuchados da Policia Nacional española arrodean a sede da CUP, 180 da rúa Casp de Barcelona, segundo vén de informar a própria formción através do Twitter. A CUP pide á xente que se concentre ás portas e que os vinte militantes que están dentro respostarán con “resistencia pacífica” e “peso morto” en caso de que entre a policia.










