O profesor de direito internacional da Universidade de Sevilla, Javier Pérez Royo, advirte que o feito estes últimos dias polo goberno español é fabricar vacio xurídico para “facer o que lle pete” na Cataluña e suspender a autonomia de feito “sen ter que pasar polo control do senado que implicaria a ativación do artigo 155 da constitución. Isto é explicado neste artigo publicado hoxe en ElDiario.es, que descrebe como “monstruosidade xurídica” o mecanismo polo cal o goberno de Rajoy preparouse para asumir o control das contas da Generalitat.
O procedimento descríbese no artigo 189 do regulamento do Senado, que expreme como se ten de desenvolver o 155. O goberno español teria de aprobar un decreto no que se identificara a situación de emerxencia pola que se quer activar o 155 e export as medidas que se precisan para o defronatr. A mesa do senado ten que recibir este decreto, levalo á comisión de comunidade autónomas, que deberá debatilo e aprobalo. Despois, tera de ir a pleno, no que se deberá debatir e votar coa posible intervención dos grupos parlamentares. E ten de se aprobar por maioría absoluta.










