Anunciouno hoxe no consello de ministros. Montoro lanza un ultimatum desafiante de 48 horas a Puigdemont para conxelar parte do orzamento de Cataluña e garantir que non gasta no referendo. O ministro do Tesouro anunciou este venres as medidas que o Estado usará despois de que a Generalitat “desconectase” da súa “obriga” de informarlo semanalmente. O ministro Montoro esixe agora a Puigdemont un acordo de non- dispoñibilidade de crédito de todo o orzamento da Generalitat que afecta a todas as partidas, agás as nómina vinculadas a Saúde, Educación e Servizos Sociais. Se Puigdemont non cumpre, será o mesmo ministro de Finanzas que o faga, xa que logo, as contas catalás estarían intervidas “de facto”. Sería o Tesouro español quen, segundo Motoro, pagaría “a maior parte das nóminas”.
‘Insistiremos tamén no feito que a Generalitat non pode facer ningún pagamento que non esté acreditado de abondo e traballaremos para que non se materialice ningún pagamento deste tipo”, afirmou.
Outra medida é que todas as operacións de débeda pública que a Generalitat quiser realizar deben ser aprobadas polo Ministerio de Facenda. Até agora tiñan a obriga de propoñelo ao consello de ministros, mas agora o proceso é atallado e depende directamente da aprobación do ministro Montoro. Débese lembrar que a Generalitat a través do seu vicepresidente económico, Oriol Junqueras, xa explicou que pretendían abandonar o FLA e voltar aos mercados o vindeiro ano.










