off
Mundo, Politica internacional — 7 Abril, 2017 at 9:07 a.m.

Rusia pide unha reunión de urxencia do Consello de seguridade da ONU

by

En reacción ao ataque  dos EUA contra unha base militar  do rexime sirio que a pasada maña dirixia míseis desde barcos da US Navy baseados no porto español de Rota,en resposta ao ataque con armas químicas á poboación siria de Khan Xaikhun. Reino Unido apoia decisión da Administración Trump. Rusia clasifica acción como “agresión a un membro da ONU” e “cun pretexto inventado”


Rusia,  que viña de vetar ca cuarta feira unha resolución de condena do rexime sirio, vén de reclamar unha reunión de urxencia ao Consello de Seguridade da ONU para discutir a acción militar desenvolvida esta mañá por Donald Trump. En 2013, o líder norte-americano en relación á intervención da Casa Branca na Síria defendia, nun primeiro momento, o afastamento dos EUA.

O Kremlin tamén anunciou que suspendía o acordo para informar aos Estados Unidos sobre o uso do espazo aéreo sirio. O ataque contra a a base militar de Homs chega despois do ataque químico da terza-feria sobre a cidade de Jan Xeijun matando alomenos a 80 civís. Segundo a investigación en curso no Consello de Seguranza todos os sinais indician que no ataque de que resultaran cerca de 90 mortos na Síria, terza-feira, foran “flagrantemente violadas” as leis da guerra, designadamente por via do uso das armas químicas. Rusia negou a implicación do rexime sirio no ataque químico. Franza e Alemaña afirman que  al-Assad é o único responsabel do ataque. Hillary Clinton suxeriu na véspera que os Estados Unidos bombardeasen a Síria. Recordese que  é partidária do recurso a armas nucleares, tal como a maioria dos xenerais do Pentágono. Na Europa, a  máis de Franza e Alemaña, o Reino Unido e a España e outros países da NATO apresaranse a manifestar o seu apoio ao ataque armado á Síria.

En Agosto de 2013, encanto reforzaba a sua presenza militar no Mediterráneo, os Estados Unidos estudaban  unha resposta ao alegado ataque químico sírio, Trump afirmaba que a Casa Branca – á data liderada por Barack Obama – debia consultar o Congreso antes de avanzar  calquer decisión de atacar a Rusia e seria “un grande erro” non o facer.   “O que é que vamos gañar ao bombardear a Rusia alén de mais débeda e un posibel conflito de longo prazo? Obama precisa de aprobación do Congreso”, cuestionaba Trump. Cando Obama recuou coa decisión e non avanzou cun ataque á Síria, Trump escribia: “Porque continuamos a anunciar que vamos bombardear a Síria? Porque non podemos ficar calados e, se o fixermos, apañalos de sorpresa?”.Dias depois, Trump voltaria a mudar de opinión e condenaba calquer ataque á Síria. Dirixíndose a Obama, Trump escribia (en maiúsculas) ao “insensato líder” para pedirlle que non atacase a Síria “ou cousas moito máis irian acontecer e os EUA non beneficiarian nada con iso”.

Policia do mundo

A barbarie de Khan Xaikhun ten servido a Trump de oportunidade para reafirmar a rutura coa política máis conciliadora de Obama, o apoio conxunto de republicanos e demócratas  e a arrastrar a Europa a celebrar a súa actuación. Unha acción  con ares de venganza nun intre no que a sospeita de connivencia con Putin o lastraban, cenificando un conflito con Rusia- ben interpretado polo Kremlin- que lle permite eludir por un tempo o foco de atención. O problema é que as aventuras belicistas nunca se saben como rematan. E a guerra de Siria é toda ela un absurdo, un despropósito.

siria-shayrat airfeld reuters-handout

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off