off
Galiza, Politica espanhola — 23 Marzo, 2017 at 9:58 a.m.

O Consello da Cultura Galega presenta unha publicación monográfica sobre os debates ao redor do fuso horario

by

O CCG  decidiu editar as intervencións dunha xornada monografica desenvolvida na Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, en outubro do pasado ano 2016, para que sirvan como material de debate


Standard_World_Time_Zones_galipedia
Fusos horarios. Galipedia

A que hoxe se  apresentou é a edición en castelán dun volume coordinado por Jorge Mira e “que será remitida nestes días ao Goberno español e ás cámaras lexislativas”. Nos vindeiros dias tamén se poderá descargar de balde en galego a que será remitida ao goberno galego. Segundo recolle o resumo de presentación do libro “o debate público suscitado nos últimos tempos sobre a conveniencia ou non do cambio do fuso horario en Galicia, en particular, e en España, en xeral, e a súa resolución nun ou noutro sentido afecta a todos os niveis da poboación, así como aos hábitos e costumes. É por isto que o Consello da Cultura Galega considerou pertinente realizar a partir da súa Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, en outubro do pasado ano 2016, un debate, con defensores dunha ou outra postura, en relación cos cambios no fuso horario. Conscientes do interese deste encontro, tomouse a decisión de publicar (en formato dixital, en galego e castelán) o presente libro baseado nos relatorios presentados no mesmo, desexando que a súa lectura e difusión contribúan a favorecer un diálogo sereno e asentado, sobre todo, no mellor coñecemento do que se dispón na actualidade.”

As posicións fixadas  ao redor do fuso horario son a a de que non se debera variar a situación actual, a de que España debera unirse ao fuso horario de Reino Unido e Portugal, e mesmo a de que os parlamentos valenciano e balear pediron un fuso horario máis próximo a Centroeuropa.

A problemática do fuso horario apareceu nos programas electorais dalgúns partidos nas últimas eleccións e neste intre estase a tramitar no parlamento español unha proposición non de lei do Partido Popular ao redor do fuso horario e o seu potencial cambio.  A publicación está editada en galego e castelán para poder servir como documento de traballo por parte dos poderes centrais ou outras comunidades autónomas.

One Comment

  1. É unha decisión política. Temos a hora alemana desde a Guerra Civil por unha decisión política.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off