off
Politica espanhola — 18 Marzo, 2017 at 9:02 a.m.

ETA tornará completo o seu desarmamento o 8 de abril

by

Centenares de activistas do País Vasco francés garantirán a selaxe e detrución das armas. O encarregado de facelo público foi  Txetx Etcheverry, ecoloxista de Bizi e  sindicalista do ELA, un dos tres representantes da sociedade civil de Iparralde (o País Basco francès) detido en decembro en  Luhuso cando estaba  desmantelar parte do arsenal da ETA. O protocolo anunciando o desarmamento da ETA, nunhas declaracións de Etcheverry en Le Monde, ainda non sendo habitual, ninguén dubida en Euskadi de que é información certa e fidedigna como demostran as reaccións das forzas política vascas e do goberno de  Urkullu. Unha tarefa que executarán “centos de persoas” das organizacóns civís vascas poruqe nen o goberno español nen o francés se comprometeron a facerse cargo das armas. Pola contra, como o demostra a detención dos activistas que participaran na entrega de armamento en  Luhuso.

O que é unha incógnita é o inventario das armas ainda que fontes aniterroristas afirmaran que ETA comunicaría unha listaxe de  zulosper  para acelerar o proceso  pola presión da policia, ao cabo non se fixo así. Que estaba a arranxar o seu desarme facía parte da axenda  dos axentes políticos de Euscadi. Mesmo o lehendakari Urkullu recoñecía que o seu gabinete estaba informado dos pasos que se estaban a dar e, nunha declaración, reclamou “abertura de espírito e canles de comunicación” aos gobernos españois e francés. Uxe Barkos, presidente de Navarra, reclamaba das institucións o desarmamento definitivo. A reacción do goberno español non variou á que adica á desparación da ETA. Rajoy limitouse a dicir que “se ETA decidiu, e así o afirmou, desarmarse unilateralmente, que o faga, e de pasada que se disolva”. “O goberno de España fará o que fixo sempre, porque a lei é igual para todos”, gabouse o presidente español. Porén, Arnaldo Otegi, secretari xeral de Sortu, reclamaba dos gobernos español e francés que ” non atoen” desexando que o desarmamento fique completo “até o final e de xeito integral”

O paso dado por ETA volta á estratexia da unilateralidade, sen agardar movimento ningún por parte dos gobernos e perante o fracaso dos observadores internacionais, xa que foran persoas da sociedade civil do País Vasco francés, moitos delas desligadas da esquerda abertzale, quen vén de dar respostas aos requerimentos de toda parte, mesmo de Sortu. Unha estratexia o da autodestrucción que é consecuencia das dificultades que está a pór o Estado español para que o grupo armado se desprenda das armas para destruilas. Un caso único e sen precedentes  no mundo que un Estado dificulte o proceso de destrucción de armas para continuar alimentando o relato da ameaza permanente que ainda lle resulta útil e cuxa falta de visión fica demostrado no Anuario de Procesos de Paz ( Vicenç Fisas director da Escola de Cultura de Pau da Universidade Autónoma de Barcelona) cando en vez de facilitar o abandono das armas – un deber de calquera estado democrático- teiman e non facilitar que ETA autodestrua o arsenal que lle queda o que aceleraría que a organización se autodisolvera dunha vez, paso ineluctabel cara a normalización política.

De feito, as conversas multilaterais e bilaterais entre organizacións sociais, partidos e sindicatos do chamado Foro Social Permamente, arranxaran o camiño para un desarmamento unilateral verificabel, ordenado e definitivo sen a parceria dos estados. Segundo este Foro Social Permanente, hogano danse a s condicións institucinais, políticas e sociais.” A sociedade está madura para que a ETA entre axiña na fase de desarmammento e destrución de armas”. Ainda que a concreción do desarmamento é unha incógnita segundo o anunciado por Etcheverry, o 8 de abril a ETA terá entregadas todas as armas. Ainda non seis anos despois de ter proclamado o ” cese definitivo da actividade armada”. Un punto de inflexión que pode verse culminado esta primavera.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off