
Terza-feira, imediatamente após a decisión do goberno Grindeanu que altera o Código Penal e o proxecto de lei que perdoa a corrupción por baixo de 44.000 euros, perto de 300.000 persoas, a temperaturas baixo cero, manifestábanse polas rúas de Romania ao berro de “ladrós” e “demisión”. En Timisoara comezaran a se reunir para protestar á noite unhas 2000 persoas na praza Victoria. Entre a xente o filósofo e ex-ministro da Educación Mihai Sora, a apoiar a revogación do decreto de urxencia e a renuncia do governo Grindeanu. Sora tiña várias mensaxens no Facebook sobre o assunto. “O que algunhas persoas non entenden – a preguiza mental, a ignorancia ou ilusión ideolóxica – é que no ano da graza de 2017 vostede non pode secuestrar un protesto pacífico: erache visto!” .Talvez os protestos máis masivos dende a queda de Ceausescu en decembro de 1989.
O que está acontecendo na Romenia?
O ministro da Justiça Florin Iordache, anunciou que o Goberno aproBou, un proxeto de lei que altera a lei sobre indultos 254/2013 sobre a execución das penas, e un decreto de emerxencia que altera o Código Penal. A excusa do goberno é que cómpre rebaixar a superpoboación dos cárceres. Porén, semella que é unha concesión a medida de Liviu Dragnea, o actual lider do partido no goberno, os socialdemócrtas, e dunha clase política perseguida polas acusacións de abuso de poder e corrupción. Hai ben pouco, unhas semanas apenas, os socialdemócratas voltaran ao poder logo de gañar as eleccións de decembro e só un ano despois da vaga de protestas cidadáns que na altura os obrigou a abandonar anticipadamente a lexislatura. O outrora primeiro ministro, Victor Ponta, foi acusado de evasión fiscal e branqueo de diñeiro. Primeiros ministros, deputados, alcaldes e una récola de casos de abusos foran procesados pola Oficina Anticorrupción romena porén, o país continua no posto 57 da listaxe de Transparencia Internacional.
O que estas mobilizacións debullan é unha continuada xeira de resposta e presión na rúa, un contrapoder real que ten na sociedade romena o seu eixo principal ao reclamar maior control democrático. Semella non afrouxar e hai quen di non ter outra escolla que sair á rúa. Dirixentes socialdemócratas e o presidente do país, Klaus Iohannis, candidato dunha plataforma anticorrupción sumáronse ás mobilizacións e pediron a retirada do proxecto de lei.
A sociedade romena entende que a loita contra a corrupción é unha prioridade, a económica, e a outra, a que impide a separación de poderes. Quizais, porque como afirma o centenario Mihai Sora: “O que fixo esta noite, o goberno podeo facer a calquer momento, a calquer momento, con calquera lei, non apenas na Xustiza. Hoxe encadea a independencia do poder xudicial, amañá pode proibir circulación de persoas, pode suprimir a Internet, imprensa libre; pode fechar as fronteiras, pode enviar as persoas para campos de concentración, a traballos forzados, às vezes pode, simplesmente eliminalas E todo iso en nome do voto democrático que levou ao poder, en nome da “democracia” do pobo … En nome da “democracia popular”. O mecanismo de ataque ao Estado de Direito é previsíbel e proba dunha ciclicidade implacábel”.










