off
Política, Politica espanhola — 1 Febreiro, 2017 at 1:14 p.m.

Arsenio Fernández de Mesa ficha por Red Eléctrica nun novo caso de portas xiratorias

by

Red Eléctrica ficha ao exdirector da Guàrdia Civil. Arsenio Fernández de Mesa será o novo “conselleiro independente” da compañía  eléctrica.


O que fora director general da Guardia Civil  até novembro xa é “conselleiro independente”  da compañía que tén como accionista principal á empresa pública de investimentos estatal (SEPI), presidida por José Folgado, exsecretario xeral e Enerxia do PP. Será compañeiro da tamén “conselleira independente” da compañía eléctrica, a exministra do PSOE  Ángeles Amador.

Segundo Red Eléctrica, Fernández de Mesa é un candidato “acaído” pola súa experiencia e coñecementos en seguridade integral. Fernández de Mesa substitue ao exalcalde de Toledo  Agustín Conde (PP) , que vén de ser escollido secretario de estado de Defensa. Despois do visto e prace da Comisión Nacional do Mercado de Valores só fica o aval da Xunta Xeral de Accionistas de Red Eléctrica.

Vello coñecido da vellísima política, coordinador territorial estatal do PP e políticamente moi próximo a Rajoy, Fernández de Mesa sobranceou na desfeita do Prestige como delegado do goberno español en Galiza entre 2000 e 2004.  Negou que a Guardia Civil utilizara balas de goma na traxedia do Tarajal, chegando a equiparar os 3 axentes feridos cos 15 inmigrantes mortos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off