off
Movementos sociais, Politica internacional — 10 Xaneiro, 2017 at 11:40 a.m.

Israel erguerá máis estacadas de separación entre os palestinos

by

O goberno Benjamin Netanyahu reacciona unha vez máis con muros de separación en resposta a un ataque que deixou catro soldados mortos. Entre as medidas propias da necropolítica que o estado de Israel vén aplicando hai décadas está a construción de máis barreiras físiques de separación na zonas árabes. O que o primeiro ministro definiu como “alargar a estructura física preventiva” para evitar  “esta nova forma de ataque”.

Hai anos que Israel ergueu blocos de cemento en estradas, paradas de autobuses e na entrada de pobos e bairros palestinos en Cisxordania e  Xerusalen Leste.  

O goberno de Isarel afirmou que Fadi Ahmad al-Qanbar, o palestino de nacionalidade israelense de 28 anos que atacou os soldados co camión, estaba inspirado polo ISI ainda que non achegou probas. Porén, a policia detivo a nove posibles sospeitosos , das que cinco son familiares de  Fadi, o autor do atentado que morreu abatido a tiros. Estaba casado, tiña catro fillos e xa pasara por unha prisión israelense.

A milicia israelense fechou os accesos ao bairro de Jabal Mukaber, onde moraba o atacante. O corpo non foi entregado á familia e impediuse que os seus familiares poideran erguer o toldo típico dos funerais palestinos. Alén diso, o goberno anunciou que a casa da familia de Fadi sería derrubada e que se denegarian as peticións de reunificación familiar.

O goberno israelense aproba un proxecto de lei que prohibe prohibe palestras nas escolas que critiquen o exército e a ocupación militar dos territórios palestinianos

O proxecto de lei, aceitado por unanimidade, pasará ao parlamento. Vén impulsado polo ministro de Educación e líder do partido pro colonos, o falcón Naftali Bennett, que argumenta que “estas activitades poden levar á persecución de soldados israelenses nos tribunais internacionais ou noutros paises”.  De acabar substanciandose, a medida afectará a organizacións como  Breaking The Silence , formada polo testemuño de exsoldados que denuncian os excesos do exército.


Ao mellor tamén che interesa:

Edificios como armas

Palestina 1946-2010

Palestina,unha pedra no camiño do colonialismo

Ninguén fala con ninguén.Gaza, a matanza continua

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off