Os afectados podería esixir, en xeral, máis de 4.000 M € en custos adicionais para a hipoteca. A decisión que obriga aos bancos a devolve-los por completo terá un forte impacto no sector bancario e abre novas posibilidades para as persoas afectadas.
A xustiza europea ditaminou onte unha sentenza histórica a favor de centenares de milleiros de consumidores que, segundo fontes consultadas, pode chegar a dous millóns de afectados. O Tribunal de Xustiza da UE obriga á banca española a devolver todos os cartos que cobrou de máis por mor das cláusulas terra que fixaba nas hipotecas aos seus clientes.
A decisión acha que a alimitación no tempo das cláusulas abusivas contravén o dereito da UE. A factura para as entidades poder ser de máis de 4000 millóns (pouca cousa se os comparamos cos máis de sesenta mil millóns que recebiu da administración pública cando foi resgatada). Ao cabo, é unha vitoria para os millóns de afectados españois, que agora poderían acudir aos tribunais porque a xustiza vén de darlles a razón.
Nun ditame do de maio de 2013 o Tribunal Supremo declarou nulas as cláusulas terra, unha práctica que moitos bancos comezaran a aplicar a partires deo 209, na España da burbulla inmobiliaria. Porén, o tribunal español limitou a 2013 a retroactividade que podian reclamar os clientes para recuperar os cartos pagos por este conceito e fechou a porta á posibilidade de reclamaren o que tiñan pagado desde o comezo dos contractos hipotecarios.
Derrota do goberno de Mariano Rajoy e do Supremo
Esta sentenza é unha nídia derrota do Tribunal Supremo e do goberno de Mariano Rajoy e contradice a opinión do avocado xeral da UE que o pasado verán avalaba as teses da banca. O letrado alertaba do “risco sistémico” a “as repercusións macroenocómicas” que podería ter a total retroactividade das cláusulas terra. Un vieiro que tamén defendeu o goberno de Mariano Rajoy xa que a Avogacia do Estado personouse na vista oral de abril para apoiar a tese do Supremo. Porén este tese non se tivo en conta na sentenza. Felizmente, desta vez o tribunal protexiu a víctima fronte os poderosos lobis, porén sabido é o que mandan nun país de oligopolios como é o estado español.
Tamén non acredita nesta tese a Comisión Europea, que sempre amosou o seu favor aos intereses dos clientes, defendendo que se aplicara a total retroactividade. Así, segundo Bruxelas, se só se aplicara a partires de maio de 2013 seria “ un incentivo económico nídio e evidente” para seguiren aplicando cláusulas abusivas.
