off
Galiza, Movementos sociais — 19 Decembro, 2016 at 1:42 p.m.

Dia 20, ás 20 horas: o movemento feminista chama a manifestarse contra a violencia machista

by

Desde diversos colectivos, como a Marcha Mundial das Mulleres , a  Plataforma Feminista Galega  ou o BNG anúncianse concentracións de denuncia e rexeitamento a estes crimes machistas. Serán esta terza feira, 20 de decembro, ás 20:00 horas.

Cando ainda segue á procura o asasino da muller acoitelada en Compostela pola súa ex-parella, onte  foi detido un home como presunto autor do asasinato doutra muller en Vigo, morta no portal da casa.

Ollaparo apoia as mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego, que terán lugar este martes, 20 de decembro, ás 20.00 horas da tarde, nos seguintes lugares:

  • A Coruña: Praza do Obelisco.
  • Ferrol: Diante do Concello.
  • Compostela: Praza 8 de Marzo.
  • Pontevedra: Diante da Audiencia.
  • Vigo: Diante do MARCO.
  • Lugo: Diante do Concello.
  • Ourense: Na Castañeira.

Chamamos á participación activa nestas mobilizacións. Son fundamentais para visualizar o rexeitamento social á violencia contra as mulleres. Asiste!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off