No lusco-fusco de mañá será o máis completo. Porén a súa plenitude chegará pouco despois da medianoite. Os dias 22 e 23 son mais unha ocasión para fitar os ceos: Xúpiter e a Lúa ficarán moi perto. Para velos compre fitar de matinada entre o leste e o sul, rubindo polo horizonte até o abrente facelos invisibles.

Talvez non acade a redondeza da lúa de chea anterior, mais a de decembro tamén ha ser impresionante para os ollos. Porque volven a xunguirense o perixeo e lúa chea. Non cunha marxe de dúas horas de diferencia, como aconteceu o mes de novembro, mas terán de pasar 24 horas. O perixeo é o ponto cíclico no que a Terra e a lúa están máis perto, porque a órbita da Lúa arredor do Sol non é totalmente circular. Nesta xeira, a lúa estará a 358.400 quilómetros da Terra.
Ainda que no calendario aparece a cuarta-feira como o día de lúa chea, a tarde e lusco-fusco de plenitude da lúa será o dia 13. Quen madrugue o mércores poderá gorentar co abrente da lúa que devalára polo oeste contra das 7 da mañá.
A superlúa do mes de Nadal será a derradeira do trio de plenilunios deste outono. Porén o 2017 tamén será farturento de plenilunios xa que a final de ano, en decembro, e en xaneiro de 2018, volverán coincidir perixeo e lúa chea.




























































