As pescudas do xornalista Antonio López Mariño (gañador do Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo” de 2015) deitaron luz sobre o verdadeiro nome da Rectora da Casa de Expósitos de A Coruña, Isabel Zendal, nada en Ordes, infermeira e nai solteira que levou ao seu fillo entre as 22 crianzas expósitasque zarparan do porto coruñés o 30 de novembro de 1803 na Expedición Filantrópica da Vacina (comandada polo médico militar alicantino Francisco Javier de Balmis), encarregada de levar a bordo da corbeta militar María Pita a vacina da varíola ( a primeira das vacinas, descuberta polo inglés Jenner) até as chamadas Colónias de América e Filipinas mediante da técnica do “brazo a brazo”. Este método de transmisión consistia en realizar nos brazos unha pequena incisión cun bisturi, colocando o virus da cura sobre a ferida; íase transmitindo a vacina de en brazo en brazo contactandoferidas, operación que se repetía cada dez dias para manter activo o vírus.
22 anxos
Esta segunda-feira a TVE1 emitirá ás 22,50h a miniserie “22 ángeles”, un filme protagonizado por Maria Castro e Pedro Casablanc e baseado na novela de Almudena de Artega “Ángeles custodios”. Infelizmente, este romance parece non achegar as últimas descubertas sobre os personaxes como ao parecer si achega a novela histórica “A flor de piel” do escritor Javier Moro. Por outra banda, José Tuells, profesor de la Universidade de Alacant e director de la Cátedra Balmis de Vacinoloxia , ten aportado novos coñecimentos sobre os parceiros da Expedición, para deitar nova luz sobre Isabel Zendal, a única muller que participou na expedición de Balmis.
Balmis contou coa parcería da reitora do Hospital de Caridade da Coruña, “Isabel López Gondalla” (Isabel Zendal Gómez), contratou a dez médicos e aos seus sobriños Francisco e Antonio Pastor Balmis.
Dende 1950 é considerada pola Organización Mundial da Saúde a primeira enfermeira da historia en misión internacional, a primeira campaña mundial de vacinación. Malia o descoñecimento desta figura senlleira, paseniño, a enfermeria galega (a Asociación Isabel Zendal vén de constituirse hai quince dias) e a española comezan a valorar o grande relevo desta pioneira galega da infermeria. Porén, ten sido a Asociación de Infermeria Comunitaria e a Cátedra de Vacinoloxía da Universidade de Alacant, os primeiros en crearen en 2015 o Premio Nacional de Infermeria “Isabel Zendal Gómez”.
En México hai tempo que recoñeceran o compromiso desta enfermeira xa que, a máis de dar nome á Escola de Enfermeria de San Martín de Texmelucan na Puebla, o goberno de México concede desde o ano 74 o Premio Nacional de Enfermeria “Cendala Gómez” (Isabel Zendal Gómez) un dos supostos nomes da Rectora antes de ser revelada a súa indentidade certa.