Errejón confronta o lider cunha coletánea de asinaturas. Os críticos queren que o proxecto político e os membros da direción se voten por separado no congreso de febreiro.
A só dous meses do congreso de refundación do partido, Podemos semella ter fracturado . Íñigo Errejón semella ter aceitado ao fin o desafiamento que lle guidou Pablo Iglesias para que concretara públicamente as súas desavenzas cun paso á frente para liderar unha corrente crítica na asemblea de Vistalegre 2, prevista para febreiro. O número dous de Podemos lanzou onte por sorpresa unha campaña pública co obxectivo de gañar a consulta que Iglesias plantexou ás bases do 18 ao 20 de decembro e que terá que decidir a forma de votación no congreso.
O que Iglesias defende é que en Vistalegre 2 se voten ao tempo tanto o proxecto político como a nova direción do partido, entanto que Errejón defende que se faga por separado para evitar que se torne nun plebiscito entre el e o lider do partido- xa deixou claro que non ten intención ningunha de disputarlle a secretaria xeral.
Para o errejonismo, Iglesias plantexou esta consulta ás bases porque estaba convencido que non conseguiría impoñerse no consello estatal previsto no prazo dunha semana, unha especie de comité federal do PSOE no que se aprobará o calendario e os pormenores de cara o congreso do partido.
Involución democràtica
Os partidarios de Errejón afirman que a estratexia plantexada por Iglesias de cara a Vistalegre 2 é unha “involución democràtica” relativamente ao primeiro congreso. Os asinantes argumentan que ” após dous anos de presas”- os que viviron Podemos dende o seu nacemento, de votación en votación- merecen um “período de reflexión lonxe de concursos de popularidade que limitan a voz da militancia.“ “O futuro de Podems é escuro se as dinámicas impiden o convivio de diferentes modelos; a solución das discrepancias afasta moito do submetimento do un ao outro“, acrescentaran.
A parte de manter separado o sistema de votación, os asinantes concretaran a concretar como é que queren que sexa a refundación do partido. Reivindican un censo aberto á participación até o congreso, quer dicer, que non feche para evitar que xente nova se rexistre na web do Podemos- seica non ten militancia, só 450.000 inscritos-; unha comisión de garantias independente e con autonomia orzamentar -ultimamente ten habido crítica de expurgos de confinantes de Errejón-; alén de exixir “mais proporcionalidade” na nova direción, com garantias de pluralismo, listas abertas, mais equilíbrio territorial e igualdade de xénero. Entre os asinantes hai unha decena de deputados estatais, como o exsecretario de organización Sergio Pascual, fulminado por Iglesias o pasado mes de febreiro. A porta-voz no Concello de Madrid, Rita Maestre, tamén se xuntou así como o porta-voz da Asemblea de Madrid, José Manuel López, o responsabel de discurso, Jorge Moruno; o de internacional, Pablo Bustinduy; a igualdade, Clara Serra; a exdeputada IU e exparella de Iglesias, Tania Sánchez, e o director do Instituto 25-M -o chamado think tank de Podemos-, Jorge Lago.










