Segundo o Euskobarómetro publicado hoxe, o 39% votaria “non”, mentres que o 31% optaria polo “sí” a un estado de seu.
O 59% dos cidadáns vascos son favorables á celebración dun referendo sobre a independencia de Euskadi, ainda que o 39% votaría en contra fronte ao 31% votaria a favor. Ao mesmo tempo que a cidadanía vasca amóstrase dividida nas súas preferencias sobre a organización do Estado: mália que o 67%apoia o estado das autonomías actual ou un escenario federal, on 37% de vascos afirman que votarían “non” no caso de celebrarse hoxe un novo referendo constitucional.
O lehendakari Urkullu prometeu unha consulta sobre o autogoberno antes que o novo Estatuto pase ao Congreso dos Deputados.
O barómetro, reseñado por Europa Press, foi dirixido por Francisco Llera en base a 800 entrevistas realizadas entre o 3 e o 27 de outubro.Segundo os dados que se tiran delas, máis da metade dos vascos son favorables á celebración dunha consulta sobre a independencia.
O 63% rexeita ETA
O Euskobarómetro tamén sinala que o 63% dos vascos rexeitan totalmente a ETA ,o que supón un dato histórico, mentres que, en relación aos presos, o 40% apoisan o feito de que todos os membros da organización armada arrepentidos e que expresen a súa decisión de abandonar as armas se beneficien de medidas de reinserción social. Porén, o 29% defende o cumprimento íntegro das condeas, unha opinión que aumentou 10 puntos nos derradeiros 9 meses.










