O goberno español claudica e sacrifica antes que a deite en baixo o Congreso, un dos seus arietes na derradeira lexislatura: a lei Wert.
O ministro de Educación, Íñigo Méndez de vigo, asinou esta segunda-feira un acordo coa maioria de conselleiros autonómicos -do PP e do PSOE- para o ponto final ás reválidas da Lomce. Poré, Méndez de Vigo conserva as bolsas de 6.000 euros para estudar en castelán malia modificar a Lomce. Os alumnos e alumnas de segundo de bacharelato que queiran entrar na universidade deberán defrontar a final de curso un exame “na práctica idéntico” á selectividade (que caducara no pasado curso co desenvolvemento da Lomce ). Era unha das tirapuxas a clarexar após Mariano Rajoy anunciara no discruso de investidura intención de deixar sen realización académica as reválidas. Quer dicer, non haberá que aprobar un exame para acadar os títulos da ESO e bacharelato. Tamén non será obrigado facer unha proba de diagnóstico en terceiro e sexto de primaria.
Depois deste acordo, segundo a letra do decreto acordado, non se poden dar por mortas asa reválidas xa que é unha suspensión temporal para “para dar tranquilidade” até acadarse o pacto educativo, segundo o ministro Méndez de Vigo. Un pacto que de acadarse resolvería que é o que se pasa coas probas . Portanto, o PP presentará a súa proposta de reválida na subcomisión do Congreso que debe redactalo ainda que as concesións do ministro apuntan que talvez sexa o primeiro ao que recuse.
Xunta submisa
Como afecta a Galiza, que ten competencias próprias en ensino? A vaga mobilizadora da Plataforma galega “até derrogar a Lomce e as reválidas” foi das máis activas de todo o Estado polo número de alumnos e profesorado mobilizados nos centros de ensino, para amosaren o seu rexeitamento á LOMCE. Un rexeitamento que acadou perto do 80% de familias que non levaron os seus fillos a realizar estas probas tanto en terceiro como en sexto de primaria. A xeografía galega está inzada de pancartas nos centros educativos co lema “Nin reválidas nin LOMCE”. Contodo, co desxelo vivido onte en Madrid voltouse a pór de manifesto que a consellaría de Educación é unha administración “submisa” aos mandados do Ministerio de Educación, malia haber administracións educativas autonómicas que anunciaran que non implantarian as reválidas e que o rexeitamento da cidadanía galega ía diante do desleixo da Consellería de Educación, ao considerar que de implantarse atentaría contra a igualdade de oportunidades porque os máis afectados serán os alumnos e alumnas das clases populares.
Porén, só Cataluña, País Vasco e Navarra mostran reservas por consideraren que “se invaden competencias autonómicas”. De feito, Cataluña deixo claro desde o comezo que en ningún caso cumpriría cos exames da Lomce e que mantería as Provas de Acceso á Universidade dos derradeiros anos xa que a máis da invasión de competencias consideraron desde o comezo un “desatino” pór en marcha unhas probas que van afectar ao alumnado de 4º da ESO e ao de 2º de Bacharelato, porque non saben aínda en que van consistir e porque, ademais, no caso de bacharelato, serán necesarias para acceder á universidade.
Malia o ambiente de consenso do PP e o PSOE, o caso é que a disposición adicional 38 da Lomce é un texto feito a medida o 2014 para minar os proxectos de inmersión lingüística. En concreto, a inmersión lingüística en Cataluña e a bolsa de 6.057 euros ás famílies que queiran escolarizar o seu fillo en castelán nun centro privado. Ménde de Vigo refugou a proposta da conselleira catalá malia o apoio dos socialistas e prometou abordar a cuestión na subcomisión do Congreso para un pacto educativo. Un xeito de manter as bolsas alomenos até que haxa unha nova lei educativa.
