off
Educação — 24 Novembro, 2016 at 2:07 p.m.

Masiva folga de estudantes do ensino secundario

by

Esta xornada ten novas mobilizacións e concentracións pola tarde, convocadas pola Plataforma galega en defensa do ensino público.


 

2016112312212219246

Os estudantes galegos rexeitan mais unha vez a  Lomce e as reválidas lanzándose á rúa nunha xornada de greve. Calculan que foi secundada polo 90% , segundo Iria Figueroa, de Erguer, e Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector. A xornada de  protesto foi convocada por Erguer, Anega e Acción Universitaria contra unha lei “deseñada para dar maiores facilidades para estudar ás elites”. O protesto denuncia un curso 2016-17  que comezou con 84 centros públicos menos e 38 privados máis, así como que a materia de relixión compute para a media e que sexa unha lei “que ataca a nosa lingua”  e que quere “devolver competencias educativas ao goberno do Estado”.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off