off
Cedeira — 22 Novembro, 2016 at 10:00 a.m.

Investígase o desprendemento da varanda do balcón que provocou a morte de Mari Iglesias

by

Consternación en Cedeira  pola morte de María Iglesias Loures que caeu do balcón ao desprenderse parte da balaustrada


O Concello de Cedeira vén de expresar en nome dos veciños e veciñas un sentido pésame á familia da finada. Un tráxico suceso que deu coa morte dunha moza de Vilagarcía cando se precipitou desde o balcón dunha vivenda situada no número 12 da rúa Estrada. O pasado  domingo  o desprendemento da varanda do balcón no que se atopaba na compaña dunha amiga, deu coma morte de M.I.L., de 33 anos. A moza, veciña de Vilgarcía, visitaba  fin de semana á súa parella que vivia na vivenda onde se produciu o accidente morta.

“É un día moi triste”, recoñeceu Moreda Gil, alcalde de Cedeira, quen comunica no nome da veciñanza, un sentido pésame á familia da finada que, durante algún tempo, formou parte do cadro de persoal do Banco Pastor de Cedeira. 

A cámara local  de Cedeira califica de “terribel  accidente” uns feitos que están a ser pescudados pola Policía Xudicial, coa que tamén está a colaborar o Concello. Hoxe mesmo a Policía Local e persoal técnico do departamento de Urbanismo están a comprobar as licenzas e os permisos do edificio, que é relativamente novo. Feito que fai sospeitar da falta de consistencia constructiva dalgunhas partes do edificio por un suposto defecto de fabricación, xa  que non se atoparon cabillas nen elementos de amarre do balcón á fachada, segundo informou o Diario de Arousa. 

Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo, María Xosé Rodríguez, lembrou que a obriga administración local, como se fixo neste caso, é certificar o fin dunha obra, unha vez que os técnicos municipais comproban que o executado se axusta ao proxecto aprobado polo Concello.

Rodriguez calificou de desgraza o sucedido e explicou que o goberno colaborará en todo o que faga falta para clarexar o accidente.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off