A reforma sanitaria da administración Obama foi un dos eixos emblemáticos da súa política que o novo presidente dos EUA quer desmontar. Na listaxe de medidas publicadas no web, Trump prevé substituilas devolvéndolle as competencias aos estados e plantexando a promoción de contas de aforro sanitario.
Após as eleicións Sylvia Burwell, secrecrátira de Saúde , anunciaba nun chío do Twitter que mais de 100.0000 cidadás norteamericanos inscribran no sistema de cobertura sanitaria no preciso intre no que Trump debullou que ia revocar o Obamacare. Porén, foi o propio Trump quen durante a campaña prometera non tocar eses avances sociais xa que moitos eleitores votantes republicanos precisan beneficiarse desa cobertura vítimas de crise económica. Trump tirou rédito eleitoral dunha posición ambigüa: tirar a grande obra de Obama, a normativa de 2010 que deu cobertura sanitaria a 20 millóns de norteamericanos que antes non tiña cobertura ningunha. Os republicanos anunciaran a anulación do Medicare mas sen precisaren en que consistiría a alternativa.De facto, o Republican Party ten rexeitado calquera noción de saúde universal.Eís a súa política para a SIDA: “Abstinence, Be faithful, Change behavior” [abstinencia, fidelidade, cambio de conducta]. Porén, o debate sobre o Medicare, a Seguridade Social, e outros beneficios federais divideu o Comité Nacional Republicano ( GOP). A disputa sobre cales serian as políticas que os republicanos presentarian aos eleitores visibilizou a fenda aberta. AHi un anos, en novembro de 2015, Trump atacaba o principal candidato emerxente Ben Carson – o seu principal rival no GOP – por defender reformas para Medicare.“Ben quere librarse do Medicare”, afirmou Trump durante unha rolda de prensa na Trump Tower, en Nova York. “Non pode librarse do Medicare. Sería unha cousa horrible de se librar. Realmente funciona. Se librar do abuso de fraude e ineficacia – funciona “(TheWashington Post, 11 4, 2015)
Sen plan alternativo ao Obamacare
A desmontaxe da cobertura sanitaria non lle será de doada desmontaxe xa que precisará meses e compromisos cos propios demócratas. Trump non acadou a maioría que se precisa no Senado para revocar a lei porén poderá desmontar partes da lexislación e eliminar os subsídios que se conceden para sufragar as primas de seguranza.
Acontece que xa son millóns os norteamericanos que dispoñen desta cobertura sanitaria, portanto, Trump deberá enxergar a fórmula de mudanza. É moi posibel que non lle quede outra que manter treitos da lei que botaran raices, como o apartado que permite aos mozos continuar na pólisa dos pais até os 26 anos.
O fundador do grupo Virgin, Richard Branson, declarou ‘People will die’: “as persoas que votaran Donald Trump son as que máis padecerán se non teñen un sistema universal de saúde”.










