Un informe da Comisión Europea publicado hoxe mostra que os recortes do goberno español durante a crise coloca o Estado á cola de Europa en investimento en educación.
O goberno de Rajoy adicou en 2014 un 4,1% do producto interior bruto (PIB), a segundo porcentaxe máis baixa da UE só superada por Romenia. Só Bulgária, Italia e Eslováquia investiron en educación arredor do 4,1% el 2014, lonxe do investimento en políticas educativas de paises como Suecia, Finlandia, Bélxica ou Portugal, que superan o 6%. A media europea colócase no 4,9%.
Ainda que España nunca liderou o investimento en educación, tamén non estaba entre os piores. Porén, durante a crise o goberno central recurtou a despesa para priorizar a redución do déficit público chegando a rebaixar o orzamento en Educación por volta do 6,3% en 2012 e o 3,3% en 2013.
Bruxelas vén de destacar que en 2015 no conxunto do Estado aumentou por vez primeira o orzamento en educació, porén“os cortes financieiros acumulados previamente reduciran a equidade na educación e a eficiencia dos gastos en educación pode ser mellorada”. O informe pón de relevo que a despesa educativa “poderia ser máis eficaz.”.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentaba en xaneiro de 2015 un informe no que os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2015 persisten no desmantelamento do ensino público e na desigualdade de oportunidades. Revelaba que o investimento galego en educación era un dos máis baixos de toda Europa con 2.090 millóns de euros. Só un 0,19% máis en relación aos do ano 2014, cando desde o ano 2009 decreceron un 33,5%. É dicir, adicáronse 680 millóns de euros menos ao ensino dos que se destinaron no ano 2009.
Os orzamentos de Educación representan o 21,9% dos totais da Xunta de Galiza, fronte ao 27% que representaba no ano 2.008.
O goberno da Xunta de Galiza continúa co fortalecemento do ensino privado concertado. Dedícanse 236,6 millóns a concertos, incrementándose a partida para secundaria nun 0,93 % en un 0,9% en FP. A Consellaría dedica á privatización 244.512 mllóns euros. En total, un 11,7% dos orzamentos destinados ao ensino privado concertado. Os investimentos reais (construción de novos centros, reparacións, ampliacións e melloras) en educación infantil e primaria (7,7 millóns) decreceron un 23,9%, cando xa se reduciran nun 15,6 % o ano pasado. As ensinanzas artísticas fano nun 33% cando xa no ano 2014 decreceron nun 57% e no bacharelato e FP fíxanse 7,7 millóns.
A partida para o Fomento da lingua galega decreceu nun 4,8% respecto do ano 2014, continuando coa tendencia descendente que supuxo pasar dos 21,7 millóns do ano 2009 aos 6,7 previstos para o ano 2015 (a potenciación da lingua galega só se merece o 0,0007% dos orzamentos da Xunta de Galiza)
Desde o executivo comunitario afírmase que é negativo que a reforma da LOMCE sexa tan “controvertida” e atinxa tantos problemas de aplicación nas comunidades autónomas.
