off
Movementos sociais, Política, Politica internacional — 4 Novembro, 2016 at 10:40 a.m.

Susan Sarandon: “Non voto coa miña vaxina”

by

O seu voto será para a candidata do Green Party’s,  a ambientalista Jill Stein 


A actriz Susan Sarandon afirma  nunha entrevista no programa  BBC ‘Newsnight’ que non quere a Hillary Clinton xa que representa a vella política e non abonda que unha muller poida ser escolleita presidenta dos EUA para lle dar o voto. Sarandon explica que  o seu voto será para a candidata do Partido Verde ( Green Party’s),  a ambientalista Jill Stein, xa que ” o medo a Donald Trump non abonda para darlle o meu apoio a Clinton”. Alén de Trump e e Clinton hai mais tres candidatos á Casa Branca: Gary Johson, do liberal  Libertarian Party, Jill Stein do Partido Verde e o candidato mormón e exbanqueiro Evan McMullin.

 “O motivo polo que estamos nesta situación (de crise social, política e ambiental) é porque todos votamos durante moito tempo o menor dos dous  males”

Porén, a protagonista de ‘Atlantic City‘ e gañadora dun oscar por ‘Dead Man Walking’  afirmou que impulsar os candidatos independentes e progresistas é importante para mudar a axenda de goberno a través do Congreso en temas fulcrais como o cuidado do medioambiente. De feito, Sarandon deu o seu apoio explícito ao candidato demócrata que rivalizou con Clinton nas primarias, o senador de Vermont Berni Sanders. Após nomeación de Clinton polo Partido Demócrata, os militantes á esquerda do partido e algúns incondicionais de Sanders se uniran as fileiras do Green Party’s.

A candidatura que agora apoia Sarandon con teimosía é a segunda de Stein á Casa Branca xa que tamén se presentou en 2012, terminando co 0,5% dos votos. A finais de xuño esta médica e ambientalista acadaba o 5% de intención de voto.

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=4LoGej6BqMc[/youtube]

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off