off
Teatro — 2 Novembro, 2016 at 7:26 a.m.

Adíase a inauguración do certame de Teatro Amador até o dia 11 coa representación de “A noite vai como un río”

by
Fotografía: crisandina.com, Centro Ágora, La Opinión A Coruña.

Por problemas alleos a organización, o Concello de Cedeira vese na obriga de aprazar ata o día 11 de novembro a inauguración da primeira edición do Certame de Teatro Amador. Este contratempo leva á organización a alterar o calendario incialmente previsto, de maneira que a obra “Misterios”, de Paula Carballeira, trasládase ao derradeiro venres do citado mes, día 25. As citas que non se verán afectadas polos cambios serán as xa anunciadas para os días 11 e 18. Así, serán os membros da Asociación de Teatro Afeccionado Parteluz, que porán en escena a obra “A noite vai como un río”, de Álvaro Cunqueiro dirixida por Victor Díaz Barús,, os que terán a responsabilidade de abrir unha iniciativa coa que o equipo de goberno de Cedeira quere facerse un oco no mundo das representacións teatrais e máis concretamente as que teñen que ver co teatro afeccionado. O día 18, e tal e como estaba previsto, actuará a Asociación Dramatúrxica Pico de Castro de Foz, coa peza “O consultorio”.

O que tampouco muda é o horario, todas as funcións darán comenzo ás oito da tarde, nin o escenario, que será o do auditorio municipal. A entrada será libre e gratuíta.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off