off
Cedeira, Festas, Gastronomía — 1 Novembro, 2016 at 7:52 a.m.

Samain solleiro entre cabazas e zonchos

by

samain-de-cedeira_1_ollaparoUnha recuperación que comezou hai 27 anos  acabou por ser unha das citas senlleiras das que teñen como referencia a vila de Cedeira. A última edición da Festa do Samain celebrouse esta fin de semana baixo un outonizo sol de excepción, como colofón aos obradoiros e intervencións artísticas que promoveron con grande éxito de participación a Asociación Amigos do Samaín e o Concello de Cedeira coa colaboración da  Anpa Picapeixe, a asociación Buxaina e o IES Punta Candieira.

Espazos de sentido.A celebración de obradoiros de pintura, zonchos, adornos e disfraces foron o adianto dunha cita que  viviu o día grande co certame de tallado de cabazas, o obradoiro de maquillaxe a merendola de outono e o pasarrúas polo casco histórico da vila. O desfile inzou  de pantasmas  ás rúas e ruelas,  xente vária coas facianas emborranchadas de cisco e brincando para riso-pavor dos asistentes.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off