off
Galiza, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 27 Outubro, 2016 at 11:23 a.m.

Rajoy, ao PSOE: “Os meus semellantes son vostedes, non os independentistas”

by

No segundo dia de debate coa quenda de réplica de todos os grupos, En Marea cualifica o PSOE de “membro de pleno direito do Partido Único”.Antonio Hernando, portavoz do “non é non”, xustifica a viraxe porque España “necesita” os socialistas


Presentouse Rajoy no Congreso rexistrando a propiedade que o PSOE lle concedeu sacrificando a Pedro Sánchez. Compareceu en modo dialogante cos seus socios cautivos ao ditado do “razonabel”, versión eufemística do “xa o dicía eu!”. O PSOE gaña tempo para encomendarse á amnesia colectiva nos votantes antes das eleicións. E ir tirando, porque xa non creto para negociar por moito que o ventrílocuo Rajoy tente seducir os constitucionalistas falando de reformas de estado.

Un Rajoy desafiante afirmou non ter medo ás manifestacións nen á greve xeral

Antonio Hernando presentouse esta segunda xeira marcando distancias co PP e atribuíndose o rol de oposición. O líder de Podemos Pablo Iglesias espetoulle ao PSOE: “Estan máis perto do PP que de nós” após aguilloar a cámara afirmando que “hai máis delincuentes potenciais nesta cámara que fora”. Rivera, de brazo dado de Rajoy, pediulle ao PSOE que bcuque “aquilo que os une” ao PP. Joan  Tardà (ERC) acusou ao PP se seren “demócratas instrumentais. O camiño autoritario que escolleu ten pouco percorrido”

Alexandra Fernández (En Marea): “Desta volta existe unha diferenza co réxime do 78. Nesta ocasión non poderán contar coa oposición, depositada claramente en En Marea e nas forzas do cambio, para lexitimar o golpe do réxime. Non conten co noso apoio”. 

Está por ver como influirá a  réplica na política de alianzas  nos concellos e comunidades autónomas. Porén, sobre a federación galega do PSOE nada se sabe. Un defunto que non ten quen o enterre. Agora o PSdG dille “si” a Rajoy, como antes Paco Vazquez a Fraga. Un si á España de anacos colados pola forza. O que o PSdG parece transmitir aos  galegos e galegas é que colaborando na investidura de Rajoy acepta as políticas desenvolvidas polos gobernos do PP (os de Feijoó e de Rajoy ) que privatizan a sanidade e permite a emigración masiva de mozos e mozas. Parecen dicir, deixádenos facer e talvez se dignen en deixarnos unhas faragullas.

No entanto o presidente en funcións abriu as rebaixas anunciando a derogación das reválidas da Lomce á espera do pacto pola educación.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off