off
Editorial, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 24 Outubro, 2016 at 8:36 a.m.

O PSOE agasalla a investidura a Rajoy

by

Na soleira do Dia de Defuntos, o PSOE agasalla a investidura a Rajoy, escollendo unha España  antes de dereitas que plural. A decisión do comité federal do PSOE de absterse na investidura de Rajoy  é un obsceno incumprimento do prometido na campaña eleitoral


O comité federal impón a abstencion sen condicóns  mália a posibilidade de rutura cos revoltados e a militancia. Por 139 votos a favor e 96 en contra, o comité federal decidiu impor a abstención sen condicións aos 84 deputados socialistas no  Congreso, malia as posibilidades de fenda co PSC. Cando o PP descobriu que non precisaba de Cataluña para gobernar no Estado, prendeu lume na opinión pública cando o Estatut de 2006, espallando un nacionalismo  visibel na bandeira da praza Colón, acomplexando a un PSOE que viña de ter algunha relación superficial e pasaxeira de quen apenas flirteara coa idea da plurinacionalidade.  Eís Galiza, sempre en mans de quen lle nega o seu caracter nacional, co PSG en mans de quen non quere cambio ningún no financiamento, na articulación territorial e no desenvolvemento competencial de Galiza. O PSOE chimpou á ucha das lembranzas a defensa do dereito de autodeterminación e Podemos, a súa alternativa estatal, propón un neboento  “ministerio de plurinacionaldade” da que ignoren se quer revisar o marco afortalado durante a Transición; de momento só é visibel unha enxurrada de caudillismo 2.0 concorrente en non poucos aspecto co do felipismo.

No PSG, só  Pilar Cancela e Beatriz Sestayo, 2  representantes dos 11 galegos no Comité federal do PSOE rexeitaron a abstención.  

Fpppsoeerraz retiraba hai uns dias a competencia que lles permitía convocatoria do seu respectivo congreso para escoller a nova comisión en carta remitida desde a  xestora socialista española, presidida por Javier Fernández.Rematan dez meses de bloqueio político no Estado que evita a convocatoria de terceiras eleccións en decembro. Porén, con este paso Ferraz  remexe na ferida aberta hai tres semanas co golpe a Pedro Sánchez. A división do PSOE é estructural e a relación de forzas non mudou. Se os críticos gañaban hai unhas semanas por 25 votos, onte a marxe foi de 43. O PSOE continua dividido en duas metades por federación: unha a do sur, comandada pola institucional Susana Díaz, que onte foi a derradeira en falar no comité federal, co apoio dos presidentes de Extremadura, Castela- A Mancha e Aragón. A outra, Cataluña, Baleares, País Vasco, Navarra e A Rioxa. Tamén hai federacións divididas: Madrid e Valencia ( 9 votaron a favor da abstención e 8 non). Non apareceu o ex-secretario xeral, Pedro Sánchez. E o alcalde de Jun, coas súas 94.000 sinaturas de militantes apoiando primarias e un Congreso extraordinario ficou deleixado logo de non ser atendido en Ferraz.

O PSG-PSOE non está a dar mostras de estar a altura de revisar  a súa relación co socialismo dos ERE’s nen se espera nen gañou o dereito a facelo

De facto, a rama galega do PSOE non está fracturada. No PSG non se dá esa división mas o seu seguidismo e asimilación acrítica ao que ditan os baróns e baronesas do sur.  O PSG é a cada cita eleitoral máis refugallo nun PSOE cada vez máis meridional: eís o peso de Susana Díaz; Andalucía tén o 31,2% dos votos achegando 20 deputados e Extremadura 5 (34,5%). Quer dicer, entre ambas e dúas, superan os 24 que suman Cataluña, Valencia, País Vasco, Baleares e Galiza.

O debate do comité federal foi ‘moderado’ polo ex-secreatario xeral de Organización e europarlamentario Pepe Blanco, xunto con Abel Caballero, Alcalde de Vigo, partidarios da abstención. Non é só que, como di Cancela (PSG-PSOE),  se rompan coas bases, senón a nídia escenificación de que o PSG non existe como federación nen conforma un espazo diferencial. Velaí  a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o senador Ricardo Varela, a concelleira da Coruña Mar Barcón, a número dous do partido en Ourense, María Quintás, e os ex-deputados Pablo García e Marisol Soneira votando a favor de permitir un novo goberno do PP.

A posición que vén de gañar sen paliativos entre os socialistas galegos é, respeito a Galiza, idéntica ao do PP.

Curiosamente  a  resolución do comité federal nada di sobre o primeiro reto que deberán defrontar o PSOE: a aprobación dos orzamentos do PP, que se poida falar de todo (madía leva) agás da “unidad de España”,etc.Por certo, Rajoy pode ameazar en calquera momento con convocar unhas novas eleicións.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off