off
Cedeira, Meio ambiente — 24 Outubro, 2016 at 8:38 p.m.

Cedeira promove a colaboración da cidadanía en accións de sustentabilidade territorial

by

 “Loita por un espazo máis sostible” é o lema do foro de participación cidadá que o Concello de Cedeira organiza para mañá martes coa fin de contar coa opinión da veciñanza “para configurar e construír o territorio sustentable que queremos”.


O salón de plenos acollerá una convocatoria, que dará comezo ás oito da tarde. O Concello participa, xunto a outros municipios galegos, da estratexia europea que promove a colaboración das administracións para a aplicación de propostas que poñan freo o cambio climático. No marco deste compromiso, o goberno cedeirés xa traballa na elaboración, deseño e execución de proxectos e plans na procura dun municipio respectuoso co medio ambiente.

Segundo a concelleria de medio ambiente, tres bos exemplos son a iluminación con leds dos pasos de peón, a instalacións de estufas de pellets nos locais sociais e a recollida de aceite doméstico usado. Fomentar a mobilidade urbana sustentable a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, así como da conexión urbana-rural tamén forman parte das premisas medioambientais do goberno cedeirés.

Ademais do foro previsto para mañá, o Concello vén de pór unha caixa de suxestións a través do cal os veciños poderán enviar achegas sobre que melloras se poderían facer neste ámbito. Esta iniciativa estará dispoñible ata o 2 de novembro na páxina web da administración local.

Nota de prensa: Pingota Comunicación

One Comment

  1. ВеликийCerdido

    sustentabilidade territorial tamén debería de ser deixar decidir aos cidadáns a que concello queren pertencer. Hai lugares que foron arrevatados ao Concello de Cerdido e entregados gratuítamente ao concello de Cedeira sen nengún rigor. Non se diga o voso governo de progreso ou progresista cando é un governo reaccionario no político e no territorial. Viva o verdadeiro Cerdido! Referendos xa! #ВеликийCerdido

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off