off
Cedeira, Cultura, Festas — 23 Outubro, 2016 at 9:12 a.m.

Un Obradoiro de Avisiós anticipa o Samain de Cedeira

by

Na Sala Áncora, do luns 24 até o xoves 28


samain_2016_cedeira_ollaparo
O cartaz da 27a edición do Samain é obra de Laura Recio

O Concello de Cedeira convoca un obradoiro de avisiós como anticipo da festa de Samaín que, coa colaboración de Rafael López Loureiro e da Asociación Amigos do Samaín, organiza para os días 28 e 29 do presente mes. Un obradoiro dirixido aos nenos e nenas a desenvolver na Sala Áncora  desde o luns 24 até o xoves 28. Terá como obxectivo a elaboración dos disfraces cos que os máis novos poderán participar na celebración coa que se quere recuperar a visión máis tradicional e creativa do Samaín.

Durante a proxima fin de semana, o paseo da Mariña acollerá unha celebración rexenedadora, onde a soa presencia de caveiras e pantasmas será dabondo para conformar un tempo e un espazo lúdico no que poder asentar a nosa propia memoria etnográfica. As entidades  organizadoras convidan aos veicños a participaren tanto coas fermosas aportacións de arte efémera que supoñen as tallas dos calacús, como disfrazándose tal como suxire a tradición: as caras emborranchadas de cisco para simular unha ánima do outro mundo, e as pantasmas brancas que tantas risas e medos causaron na Galicia doutrora.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off