Segundo comunicado de prensa do Concello de Cedeira, a petición está condicionada á disponibilidade orzamentaria do organismo estatal da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar
O Concello de Cedeira vén de anunciar que segundo un escrito remitido onte por Demarcación de Costas ao Concello de Cedeira deixa vía libre ao conxunto de actuacións previstas polo organismo estatal para “mellorar e conservar” a praia da Madalena, incluídas as intervencións que afectan ao espazo dunar. No comunicado a Demarcación de Costas en Galicia comprométese a trasladar ao organismo estatal da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar a proposta para a redacción do proxecto e do estudo de impacto ambiental da actuación. A petición está condicionada á disponibilidade orzamentaria.
A Demarcación de Costas que direce Rafael Eimil garante así a realización das obras necesarias, ademais de ter en conta as peticións formuladas dende a Plataforma en Defensa da Ría para a realización do proxecto. Este, polo tanto, muda con respecto ao inicial xa que “suaviza”, tal e como sinalou o concelleiro de Medio Ambiente e presidente da plataforma, Camilo Casal, a estabilización do perfil da duna deixándoo en 20 graos -no proxecto orixinal viña sendo case vertical- e sitúa a cima de coroación en +10.
A estas actuacións sumaranse a reparación do estrado de madeira do paseo marítimo -no treito da escola- e as que xa están en proceso de execución. Estas últimas son a eliminación das especies invasoras e a limpeza dos regatos da Revolta e San Isidro.
Nota de prensa: Pingota Comunicación
