off
Cedeira, Editorial, Política local — 18 Outubro, 2016 at 6:46 a.m.

Excitación polos contratos menores

by

Resulta inaceitábel e preocupante que o goberno de Cedeira despache a acusación de Podemos como “intromisión na vida municipal” e que Podemos teña por costume guindar acusacións de alcance sen probas que levar ao xulgado e sen ofrecerlle á cidadanía as  alternativas garantistas que aplicaría en caso de chegar a gobernar


É legal, semella que si. Con certeza, non custaría  ningún traballo sacar como contrato menor de obras, e habendo o preceptivo proxecto, publicitalo no perfil do contratante e ir ao mellor prezo, unha vez acreditada experiencia , solvencia técnica e arbitrio independente, madia-leva!.  Mais non é isto o que Podemos afirma na súa seria acusación. Ainda que en grandes concellos gobernados por Podemos e as Mareas, entre outros moitos, estanse a xestionar así a maioría de contratos menores, indo por negociado uns poucos que adoitan ser os mais  urxentes.

Podemos  vén de acusar  no Facebook “os actuais “dirixentes” de aproveitaren estas “bicocas” para favorecer aos amigos, neste caso, a un empresario moi cercano aos alcaldes socialistas”).  É cousa seria, perfectamente denunciabel. Portanto, en favor do ben común, os portavoces de Podemos farían ben en achegar probas ou indicios se supostamente están a afirmar que no concurso de obra pública menor, ainda seguindo as canles legais que garanten a libre competencia, estaba supostamente amañado de antemán. Porque se así fora, estarían a apuntar que na adxudicación de obras habería alegada connivencia con cargos, funcionarios ou técnicos da administración local e provincial. O que constituiría unha fraude á lexislación do sector público, realizadas con pleno coñecemento da súa suposta ilegalidade, nas que se esixe unha certa participación, de persoas do sector público, quen corrobora os documentos presentados, cooperarían necesariamente nos feitos.

Que é un contracto menor?

Defínense exclusivamente pola súa cantidade (artigo 138.3º TRLCSP), que dicer, aquelas necesidades, cuxo  montante estimado, IVE excluido, for: a) até 50.000 euros, cando se trate de contratos de obras b) até 18.000 euros, cando se trate douros contratos. Non se poden utilizar para adxudicar unha necesidade interna dun ben ou dun servizo polo contracto menor se concoren os supostos a seguir: a) que esté fraccionado o obxecto do conacto co fin de diminuir a cantidade do mesmo e eludir así os requisitos de publicidade ou os relativos ao procedimento de adxudicación que corresponda (artigo 86.2º TRLCSP) b) que teña unha duración superior a un ano (artigo 23.3º TRLCSP).Ademáis, unha vez adxudicado non se pode prorrogar nen se poden revisar os prezos. As fases definidas do contracto menor serian: a aprobación do expedient, a selección da empresa e a execución do contrato. Segundo a normativa vixente de contractación administrativa, o contrato menor precisa na fase de aprobación do expediente, un orzamento de obras ou o proxecto cando as obras así o precisen, un informe de supervisión, se o traballo afecta á estabilidade, seguridade da obra; e na fase de escolla do fornecedor: adxudicacón directa a calquer empresario con capacidade de obrar que conte con habilitación profesional necesaria para realizar a prestación; aprobación do gasto; na fase de execución do contrato, a máis da incorporación da factura, deberase publicar trimestralmente a información relativa aos contratos menores segundo a  Lei 19/2013, de 9 de dicembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.  En relación á contractación esta lei estabelece no artigo 8 que: “Os suxeitos inseridos no ámbito de aplicación desta título deberan publicitar, como mínimo, a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica ou orzamentaria que se indican a continuación:a )Todos os contratos, expecificando o ámbito, a duración, a cantidade de licitación e adxudicación, o procedemento utilizado para a realización dos instrumentos a través dos cales foi divulgado, o número de candidatos no procedemento e a identidade dos licitantes, así como as moficacións dos contratos. Tamén serán publicadas as decisións de afastamento e renuncia de contratos. A publicación de información sobre os contractos menores pode ser  trimestral. b) Os suxeitos mencionados no artigo 3 deberán publicar a información mencionadas nas letras a) e b) do parágrafo primeiro deste artigo, no caso de contratos ou acordos coa Administración Pública. Deben publicarse a información especificadas na letra c) en relación aos subsidios que reciben, a autoridade de licenzas é unha autoridade pública “.

Europa

A Directiva 2004/18 / CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 31 de marzo de 2004, sobre coordinación dos procedementos de adxudicación de contratos públicos, de subministración e servizo funciona, non se refire ao contrato menor. A
Directiva 2014/24 / UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de febreiro de 2014 sobre contratos públicos e pola Directiva 2004/18 / CE  que é revogada, nin refírese  ao  contrato menor. “O Libro Verde sobre os contratos públicos europeos: reflexións para o futuro”, no punto 3.28º, ofrece: “Os procedementos establecidos polas directivas comunitarias aplicables só aos contratos públicos cun valor estimado inferior aos limiares Algúns as entidades adxudicantes consideran que os contratos públicos inferiores a estes límites non están suxeitos a calquera disposición comunitaria, polo que ás veces estes contratos foron adxudicados sen antes convocar un concurso público. Moitos destes contratos son de importancia considerable, especialmente para pequenas e medianas empresas. Como a outorga de concesións e contratos similares, a adxudicación destes contratos debe ser feita de acordo coas disposicións do Tratado CE relativas á libre circulación de bens e servizos e os principios fundamentais da non discriminación, igualdade de trato e transparencia, que están na súa base “.

Uso desmesurado dos contractos menores

Sen dúbida, a contractación pública no estado español é un problema que ainda non foi solucionado porque o que acaba impoñéndose é a utilizacón da figura do contrato menor, seleccionando libremente ao contratista no que pode acabar sendo unha “subasta”. Xa que co afán de facilitar e axilizar o procedimento administrativo de contractación da administración pública aplanouse o camiño cara o seu posibel fracionamento e o uso abusivo da figura do contracto menor. Porén, os portavoces de Podemos Cedeira -que falan como se levaran toda a vida limpando nos vidros e regando nas plantas após  corenta anos de goberno discrecional da dereita  durante os que houbo unha total ausencia denuncias respeito a obras ilegais no ámbito público e no privado mas semella que naquel tempo e nos que viñeron despois non lles deu para indignarse por iso nen por nada – deberían  saber que o novo na realidade diaria dos concellos é que o excepcional coa nova Lei de Contracto Públicos foi comezar a adxudicar algún contracto de obras ou servizos por un procedimento diferente ao contrato menor. Portanto, a figura dos contractos menores ten sido utilizada polas administracións públicas, en especial polas entidades locais. Se teñen aprezado un vicio de invalidez nese  contracto de obra menor por ter adoptado precindindo total ou absolutamente do procedimento legalmente establecido ou se ten observado un uso abusivo ou fracionamento do obxecto do contrato menor polo actual corporación local ben faría en pormenorizar a súa acusación. Ainda que non o parece, é o uso pouco rigoroso do contracto menor o que Podemos percibe na corporación cedeirense? Renunciou o concello de Cedeira aos principios básicos de contractación administrativa (liberdade de acceso aos licitacións, publicidade e non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos? Perxudicouse ao cidadá?( sen publicidade e concorrencia non hai posibilidade de acceder aos mellores bens e servizos ao mellor prezo). Percibiu Podemos en Cedeira  un número similar de contractos menores aos adxudicados por órgaos administrativos de tamaño superior? Suxiren que houbo “fraude de lei”?

Sobreabundancia de opinións baratas e de balde

Resulta inaceitábel e preocupante que o goberno de Cedeira despache a acusación de Podemos como “intromisión na vida municipal” e que Podemos teime no costume guindar acusacións deste alcance sen ter indicios ou probas que levar ao xulgado e sen coñercermos as alternativas garantistas que propón en caso de chegar a gobernar nun contexto de corrupción sistémica no que o xesto co dedo abonda para anatemizar. Como preocupante é ter o hábito de non achegar máis información, feitos e razóns dos que unha nota de prensa do tamaño dun chio ou un cadradiño no Facebook. Talvez impulsar un cambio cultural que permita superar os casos de opacidade admnistrativa e contar con administracións públicas transparentes precise algo máis que guindar a sospeita fácil nas redes sociais (esa teima en interpretar a realidade cos lentes exclusivos do Facebook e o Twitter), xa que esta mudanza non pode vir nen depender únicamente das solucións legais, mas da actitude que adopten todos os axentes responsables da súa aplicación. Comezando polo modelo de pedagoxia social escollido, todo el tan cheo de certezas, talvez necesitado de unha intervención política menos histriónica, con menos anonimato e con máis argumentos,  con menos agresividade e testosterona masculina.

A democracia é cara e lenta. A pedagoxía da inmediatez que se deriva das redes sociais pouco ten a ver coa calma e co «slow life» que se precisa para pensarmos as cousas e reflexionar, nun tempos tan acelerados  onde a información  circula tan de presa que acaba confundindo a doxa co logos. Con certeza, hai sistemas de control máis acaidos e transparentes. Toda dinámica tende a corromper. Porén, as redes sociais permintido falar e debater, non son transparentes. O que trasluce nelas son miraxes. A miúdo o que semella esquerdismo non é máis do que populismo, unha palabra tabú que serve para agochar prácticas ben diversas. Na rede, a liberdade de expresión é socialmente explosiva, tanto na súa acepción disruptiva como na sua tendencia a vociferar. Por iso cómpre non confundir a liberdade de expreisón co dereito a berrar  “Que vén o lobo, que vén o lobo! no meio do rabaño, mesmo na suposta provocación circunscrita ao ámbito local. Timothy Garton Ash (Free speech: ten principles for a connected world (2016)) ten dito que neste tema, os estados son os cans, as grandes corporacións os gatos…e nós, os cidadás-consumidores, os ratos.  Dado o seu poderio no mundo, Garton Ash definiu  o  Facebook com “o imperio onde nunca hai solpor”. Lémbravos algo?

A sobreabundancia de opinións, o ruxe-ruxe barato asoballando os feitos, quer na rede, quer nos medios de comunicación e a dificultade de argumentar con razóns,  acaba banalizando a liberdade de expresion.Confundindo o que é un simples monólogo (dicindo e escribindo sen que nada,en todo aquilo que outros podan pensar, dicir ou escribir, os poida afectar)  co diálogo (que é a capacidade de troca entre o que n di e o que di o outro). Cousa dificil cando o único que se fai é enganchar lemas no muro, ese  espazo inmune ao principio de verificación ou refutación.  Un círculo pouco virtuoso no que non poucos colectivos atoparon un  celeiro  de produción de  doxa onde disimular  a súa incapacidade para crear ideas, argumentos e cando for posibel, coa evidencia dos feitos. Acredita Podemos que ese activismo  dixital fomenta o sentido crítico, a autonomía persoal e individual, o sentidos de cooperación e autoxestión, de apoio mútuo e de reciprocidade sen incorporarse en prácticas específicas no territorio e coa xente?  Tamén a corrupción se basa niso moitas veces, e non só na vulneración da norma: reclámase transparencia cando non hai confianza, cando se acaba abusando da boa fe das persoas.  Porque non é un debate xudicial mas un debate ético-político e cultural fundamentalmente que precisa menos simplismo, esas lóxicas binarias de pensamento.

Porén, o que sorprende de ambos e dous posicionamentos é que non se enfoque a cuestión desde a ética da información e da xestión pública. Porque o que se debulla é xustificar a aprobación do gasto + factura cando os contractos menores suprimen a realización de determinados trámites e requisitos exixindo o cumprimento dos imprecindibles e a utilización do contracto menor que só precisa uns requisitos establecidos. Que ademáis de aprobar o gasto e factura, cómpre respectar as normas esenciais de calquera contractación administrativa e a normativa propia de aprobación de gastos, respectando a publicidades, garantindo a concorrencia e a libre competencia. O cumprimento da lei non  pode estar baseado en erguer muros que impidan a “intromisión” (despótica e inaturabel cualificación do que debería ser normal participación na cousa pública), mas na confianza, que ten a ver co feito de que a administración non descargue na norma a súa responsabilidade. É precisamente o garantismo o que hai que cumprir e facer cumprir desdes adentro e desde fora para que os supostos indicios que levan a unha irreflexiva emenda á totalidade da política e dos políticos non acaben por desmobilizar á cidadanía, como de feito está a acontecer. Porén, non abondan as medidas estructurais e tácticas contra a proliferación de malas prácticas ou corruptelas. Sería contraproducente que a administración local reaccionara escudándose no legalismo  xa que no fondo ela mesma delataríase en casos de barullo -por moi infundado que este sexa- creando mais un problema de opacidade.

Last but not least, alén do municipalismo institucional, feito dende o concello,  hai o municipalismo social e as prácticas pedagóxicas exemplarizantes, desde adentro e desde fóra. Por iso sorprende que a acusación se centre directamente no suposto favoritismo e que non cuestione, por exemplo, a pouca idoneidade da sinatura de contratos menores sucesivos para a adquisición de bens ou servicios que son repetidamente necesarios, por responder a necesidades de carácter recorrente, periódicas o permanentes, por non ser o mecanismo máis adecuado e  máis conforme coa normativa en materia de contratación pública para cubrir este tipo de necesidades e, mesmo, pode chegar a ser contrario a aquela normativa, segundo as  circunstancias concorrentes en cada caso.  Que se faga de acordo con criterios sociais que se avance cara porcentaxes de contractos a fornecedores sociais que cumpran cos requisitos e reserven unha determinada porxentaxe de postos de traballo para persoas en risco de exclusión, contractos a empresas inclusivas e de cualidade nas condicións de traballo (estabilidade, conciliación,etc), que teñan prácticas sustentables. Sorprende  que  non se fale da dificultade das Pimes e empresas de nova creación por dificultar o seu acceso aos mercados e en concretos aos contratos públicos que, representan aproximadamente o  20% do PIB da Unión Europea. Sorprende, en fin, que desde a autodenominada “nova política” non se alente a abandonar os vellos hábitos e inercias de adxudicar os contractos directamente a fornecedores locais evitando a corrupción e favoritismo que adoita acompañar e que se alargue a xestión de determinados contractos menores con maior publicidade e concorrencia.

Ética da xestión pública

Porén, de non haber indicios e axustarse á legalidade a cuestión a saldar é se vale todo con tal de sair nos medios na batalla pola hexemonía pólica e ideolóxica (repárase porén que as acusacións son entre duas forzas unionistas nun país onde a hexemonía a ten a dereita españolista que vén de revalidar maioría absoluta).  Mesmo perante a miraxe de que saindo neles  (na rede, en La Voz) parecen vir investidas de verdade. Mais con iso non abonda. Porque unha cousa é unha emenda á totalidade da “Lei de contratos menores  do sector público vixente no estado español”,  angueira na que atoparian a non poucos aliados entre os soberanistas de esquerdas que procuran outra liturxia e un compromiso público para un novo contracto social, desde, en e para Galiza-  e outra moi distinta dicir que se “afavorecen aos amigos”. Unha cousa é denunciar a posibel vulneración dos dereitos das empresas do sector que non poideran participar na litación desta obra pública por insuficiente publicación, ainda axustándose a legalidade, do prego de condicións administrativas e outra ben distinta facelo obviando ou ignorando con coñecimento de causa o contido da norma. A Carta de dereitos fundamentais da UE (art. 41) insire dentro do concepto de boa administración (open government) algúns dereitos clásicos das relacións entre cidadáns e administración ( imparcialidade, resolución dos asuntos dentro dun tempo razonabel, dereitos de audiencia, acceso aos expedientes, obriga de motivación das resolucións, responsabilidadet patrimonial da Administració e dereito de petición). E se hai  normas que  exixen certos requisitos será por algún motivo.

Sen entrarmos en obviedades como quen fai a lei fai a trampa, como garantizaría Podemos a honestidade  de quen tome o poder?  É de abondo complicado como para non banalizar en exceso. Ainda que seria un servizo ao ben común que participara con maior fruición pedagóxica nun debate argumentado. Que  mecanismoss desenvolveria para evitalo cando o seu propio activismo coñecido deitase exclusivamente no espazo virtual a golpe titular? Hai unha cousa que é latente e permanente, que a condición humana é capaz do mellor e do pior. É de supor que no caso de Podemos Cedeira teñen escollido os máis honestos na vida para tratalos como os máis ladrós. Se non for así, se a lóxica que se predica non fose exemplarizante, que nos é dado esperar do seu proxecto? A coherencia é complicada, non si? Por iso son necesarios e  imprescindibles o diálogo e o respeito. E menos opinións de balde.

Unha suxestión a todos os que escachan as vestiduras e disque sofren urticaria estacional, que pensen canta opacidade e exemplaridade practican eles decote cando endoidecen a política e os politicos en xeral,  cando mudan de lingua como se o seu interlocutor non poidera entender o galego, como cando realizan obras e reformas sen declarar ou cando aceptan facturas sen IVE.


Para saber máis:

Informes da  Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galiza:

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off